Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade saúda a Víctor Loira, paciente que tenta dar...

O conselleiro de Sanidade saúda a Víctor Loira, paciente que tenta dar visibilidade ás enfermidades inflamatorias intestinais

0


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, saudou hoxe a Víctor Loira, deportista e paciente da enfermidade de Crohn, que tenta dar visibilidade ás enfermidades inflamatorias intestinais e contribuír á sensibilización social mediante un percorrido por toda Galicia, que será cuberto en bicicleta e patinete desde o 19 de agosto ata o 4 de setembro, e que tamén o levará por todos os hospitais da comunidade galega.

O reto percorre todas as provincias de Galicia, tendo prevista a chegada a Santiago de Compostela despois de 17 etapas e de 1.320 kilómetros. En varias das etapas visitará un hospital da rede do Servizo Galego de Saúde e fará uso dos aseos adaptados para persoas ostomizadas que a Consellería de Sanidade ten instalados en varios hospitais de Galicia.

Na etapa deste xoves Victor Loira utilizará o patinete para cubrir a distancia de 56 km que o levará ata a localidade de Monte Furado, despois de pasar tamén polo Hospital Comarcal de Valdeorras. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre