Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade reúnese co presidente do Consello Galego de Colexios...

O conselleiro de Sanidade reúnese co presidente do Consello Galego de Colexios Médicos

0
image_gallery.jpg


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantivo hoxe unha reunión co presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, Isidro Lago Barreiro. Xunto a eles estiveron o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal Viñas, ademais do presidente do Colexio Oficial de Médicos de Ourense, José Luis Jiménez Martínez que participou na xuntanza por videoconferencia.

Nesta reunión, que transcorreu nun clima de cordialidade, tratáronse temas relacionados coa pandemia pola covid-19, repasáronse protocolos e puxéronse en común ideas e propostas. O conselleiro de Sanidade aproveitou a xuntanza para poñer en valor o traballo dos facultativos. Pola súa banda o representante dos médicos agradeceu o posibilidade de compartir as inquedanzas do colectivo e de achegar a súa visión da situación actual.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre