Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade preside a toma de posesión dos novos altos...

O conselleiro de Sanidade preside a toma de posesión dos novos altos cargos do seu departamento

0

Julio García Comesaña, agradeceu o traballo dos directivos saíntes e dixo estar moi animado e con ilusión para afrontar o reto de dirixir a Consellería de Sanidade e o Sergas, co obxectivo de dar o mellor servizo posible á cidadanía

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presidiu hoxe, no Edificio Administrativo de San Lázaro, o acto de toma de posesión dos novos altos cargos do seu departamento. Carmen Durán Parrondo, como nova directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade; José Flores Arias, como novo xerente do Sergas; e Ana Comesaña Álvarez como nova directora xeral de Recursos Humanos do Sergas.

No acto de hoxe, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego manifestou estar moi animado e con ilusión para afrontar o reto de dirixir a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde en momentos como os actuais, co obxectivo de dar o mellor servizo posible á cidadanía. Así mesmo, agradeceu o traballo realizado polas persoas que ocupaban estes cargos ata a actualidade, Andrés Paz-Ares, director xeral de Saúde Pública; Antonio Fernández-Campa, xerente do Sergas, e Margarita Prado Vaamonde, directora xeral de Recursos Humanos do Sergas,Traxectorias profesionaisA nova directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, é doutora Cum Laude en Farmacia, ano 1995, e especialista, vía FIR, en farmacia hospitalaria.

Na súa actividade profesional, ocupou, entre outros cargos, o de farmacéutica de atención primaria no Sergas no ano 2000, e foi coordinadora da Unidade de Uso Racional de Recursos da Xerencia de Atención Primaria de Santiago dende o ano 2010 a 2012. Así mesmo, foi coordinadora de farmacia extrahospitalaria da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, dende o ano 2012 ao 2015.

Na actualidade, ocupaba o cargo de subdirectora xeral de Atención Hospitalaria do Sergas.

Na súa actividade investigadora e docente, a nova directora xeral foi docente en máis de 50 cursos (Fegas, Carlos III), e investigadora colaboradora e principal en diferentes proxectos de investigación, ademais de autora de 50 publicacións nacionais e internacionais.

Xunto ao anterior, Carmen Durán foi coordinadora de distintos plans e programas do Sergas, entre os que cabe destacar o Plan Galego de Hospitalización a Domicilio; o Programa Galego para a optimización da terapia nutricional especializada no paciente crítico; o Código Sepse, etc.

O novo xerente do Sergas, José Flores Arias, é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago, con premio extraordinario de licenciatura, e é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.

Flores Arias era, dende o 2018, director de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Na súa traxectoria profesional ocupou diversos postos dentro do 061. Así, foi director asistencial, médico coordinador en 1999, e posteriormente, no 2000, xefe de sala. No 2004 pasou a desenvolver o posto de subdirector asistencial, e entre 2005 e 2008, foi médico das bases medicalizadas do 061 de Ferrol, Santiago e Pontevedra. Entre 2008 e 2017 ocupou o posto de xefe da base medicalizada do 061 en Pontevedra. Na súa longa traxectoria profesional tamén foi médico de urxencias no Hospital de Montecelo, e no Provincial de Pontevedra, no Hospital do Salnés e no Punto de Atención Continuada de Santiago.

A nova directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana María Comesaña Álvarez, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, realizando másters en dereito sanitario e xestión universitaria.

Persoal estatutario do Grupo técnico da función administrativa (rama xurídica) dende 1992, Ana Comesaña desempeñou diversos postos no ámbito dos Recursos Humanos na administración sanitaria, entre eles, o de subdirectora xeral de Políticas de Persoal do Sergas. Ocupou, tamén, o posto de vicexerente de persoal na Universidade de Vigo.

Nos últimos anos traballou como directora de Recursos Humanos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e, dende finais de 2015, desempeñaba o posto de directora de Recursos Humanos na área sanitaria de Vigo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre