Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade presentou ao novo xerente executivo do Hospital do...

O conselleiro de Sanidade presentou ao novo xerente executivo do Hospital do Barco de Valdeorras, Francisco Contreras

0


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou aos profesionais a Francisco Contreras San Feliciano, quen asume o cargo de xerente executivo do Hospital do Barco de Valdeorras. No acto estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia de Ourense, María Sol Díaz Mouteira, e polo xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Julio García Comesaña.

O novo xerente é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca, e conta con formación sobre sistemas de clasificación de pacientes baseados en GRD, innovacións en xestión hospitalaria, e tamén de dereito sanitario, entre outros cursosNa actualidade, e dende xuño de 2017, traballaba na Unidade de Codificación Clínica do Hospital El Bierzo en Ponferrada, centro onde anteriormente foi responsable de Xestión de Lista de Espera Cirúrxica e Programación Cirúrxica. Francisco Contreras iniciou a súa carreira profesional como xefe de servizo de Atención ao Paciente no Hospital Camiño de Santiago de Ponferrada e, posteriormente, ocupou a praza de xefe de unidade de Admisión e Documentación Clínica do mesmo hospital.

Leer más:  Rescatan a un hombre tras precipitarse por un barranco el coche que conducía en Covelo (Pontevedra)

Este nomeamento enmárcanse no proceso de renovación que o Sergas está a levar a cabo nalgunhas das súas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIs) coa fin de adaptalas aos novos retos que a sanidade pública galega ten por diante nos próximos anos. A normativa da Lei de Saúde reforza especialmente o papel dos hospitais comarcais e a rede de centros de Atención Primaria, garantindo a súa sostenibilidade e crecemento futuro, coa potenciación de servizos e especialidades. 


- Te recomendamos -