Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade pon en valor os cribados quincenais que se...

O conselleiro de Sanidade pon en valor os cribados quincenais que se realizan nas residencias de maiores galegas

0
image_gallery.jpg

Desde o inicio da pandemia, Sanidade realizou 5 cribados integrais ao conxunto de residencias de maiores da comunidade galega


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, puxo de relevo esta tarde no Parlamento de Galicia a mellora na periodicidade coa que se realizan cribados nas residencias de maiores de Galicia, establecida, nestes intres, en períodos de 15 días.

Durante a súa intervención, o titular de Sanidade destacou que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que levan a cabo este tipo de cribados, ao tempo que valorou positivamente a capacidade de detección de novos casos que posúe a administración sanitaria galega.

Ata o de agora, Sanidade leva realizados un total de 5 cribados integrais -usuarios e profesionais- na totalidade das residencias e centros de maiores de Galicia.

Neste sentido, o conselleiro precisou que na primeira das análises nasofarínxeas realizadas ao persoal dos centros residenciais galegos, detectáronse un total 460 profesionais positivos; no segundo cribado, 2 positivos e; no terceiro, 24 profesionais contaxiados pola covid-19.

No cuarto cribado, realizado mediante o modelo de análise de mostras de saliva, da totalidade dos traballadores das residencias galegas, detectáronse 20 positivos. Ademais, a consellería de Sanidade vén de culminar a pasada semana a realización do quinto cribado quincenal.

O responsable da carteira sanitaria da Xunta remarcou que a realización destes cribados quincenais permiten detectar con maior celeridade a aparición de novos positivos, e así poder romper a cadea de contaxios.

Por último, García Comesaña salientou a grande capacidade de procesamento de probas que posúe o laboratorio de pooling, instalado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, o que permite achegar os resultados das probas nun período aproximado de 24 horas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre