Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade entrega ao alcalde de Cerdedo-Cotobade o diploma de...

O conselleiro de Sanidade entrega ao alcalde de Cerdedo-Cotobade o diploma de ouro da Rede galega de praias sen fume, na que Galicia é pioneira

0

Almuiña subliñou que, nestes momentos, 141 praias de 64 concellos integran a rede, continuando coa liña de crecemento de anos anteriores


Cerdedo-Cotobade, 6 de xullo de 2019.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregoulle ao alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela López, o diploma de ouro da Rede galega de praias se fume, por formar parte todas as praias do municipio desta rede que comezou a súa andania no ano 2016, partindo dunha iniciativa do Concello de Baiona do ano 2012. O conselleiro de Sanidade destacou que, nestes momentos, 141 praias de 64 concellos integran a rede, “continuando coa liña de crecemento de anos anteriores”, posto que no 2016 a rede comezou con 26 praias e 19 concellos.

Almuiña remarcou, tamén, o número de concellos coa acreditación de Ouro, posto que son xa dez con todas as súas praias dentro da rede. Eses concellos son, -dixo o conselleiro-, Baiona, Corcubión, Rianxo, Barreiros, A Guarda, Noia, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Dumbría e Cabana de Bergantiños. Ademais, outros 13 contan coa categoría de prata, é dicir, como mínimo, teñen a metade das praias do concello dentro da rede. A Rede, posta en marcha pola Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, é cada vez máis estensa, repartida non só nos concellos da costa, senón, tamén, polas ribeiras dos ríos, xa que conta con 29 praias fluviais, o que facilita poder elixir espazos libres de fume do tabaco para desfrutar do tempo de ocio.

Galicia pioneiraO conselleiro destacou que, unha vez máis, “Galicia é pioneira a nivel nacional con esta iniciativa, posto que, varias comunidades autónomas, planifican seguir os nosos pasos e xa Murcia creou o pasado ano a súa rede, Andalucía quere comezar este ano e posiblemente a comunidade Valenciana será a seguinte”.

Almuiña dixo que o obxectivo do seu departamento “é conseguir que, nos vindeiros anos, todas as praias galegas formen parte da rede, reto que so acadaremos coa implicación de todos”.

Tamén destacou o conselleiro, “o fin educativo e de sensibilización social da rede”, insistindo Almuiña “na importancia da conduta dos adultos ante oas máis pequenos como figuras modélicas que son”. Para o responsable sanitario, “a desnormalización do consumo de tabaco, a actitude da sociedade ante o consumo desta substancia e a exposición pasiva, son factores determinantes para o inicio á hora de fumar entre a mocidade”. Por iso faise necesario, -dixo o conselleiro-, “poñer en marcha accións que impliquen a participación activa da sociedade para sensibilizar á poboación antes estes consumos de risco para a saúde”.“Os nosos mozos e mozas deben saber que o normal é non fumar, ese é un dos obxectivos da rede”. Segundo remarcou Almuiña, “ampliar a delimitación do comsumo ás praias, ámbito que non recolle a normativa actual, fainos avanzar e cambiar a percepción social sobre o tabaco, converténdose esta contorna en educativa e preventiva”. Ademais “combina obxectivos de saúde cos medioambientais, ao protexer as praias das cabichas”.

As últimas cifras de prevalencia en Galicia indican que o 19,7% da poboación da nosa comunidade é fumadora e o 15,3% dos mozos e mozas de 16 a 24 anos fuman diariamente. Ao respecto, Almuiña dixo que “é un obxectivo prioritario do seu departamento acadar que estas cifras baixen nos vindeiros anos, aumentando a porcentaxe dos que non se inician no consumo”. “Seguiremos pois a traballar para conseguir a desnormalización do consumo do tabaco da nosa sociedade, como estamos a facer dende o ano 1993, a través do Programa galego de promoción dunha vida sen tabaco, ata conseguir unha sociedade libre desta substancia”.

Tamén destacou o conselleiro que a iniciativa de crear esta rede a valoran como boa ou moi boa o 78% da poboación, e preto do 70% dos usuarios das praias queren que se estenda a outros arenais, “o que confirma a boa resposta da cidadanía

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre