Valeriano MartÃnez tamén pediu restituÃr a xubilación parcial para o persoal de servizo público
O conselleiro de Facenda, Valeriano MartÃnez, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia coa ministra de PolÃtica Territorial e Función Pública, Carolina Darias, na que lle trasladou as demandas de Galicia no eido do emprego público. En primeiro lugar, no ámbito da estabilidade no emprego o conselleiro demandou a autorización -xa solicitada- para a eliminación das taxas de substitución no sector sanitario público co fin de consolidar o emprego destes profesionais, o que permitirÃa ofrecer este ano 3.500 empregos públicos nesta área.
Ademais, Valeriano MartÃnez tamén solicitou a ampliación desta medida a profesionais vencellados ás polÃticas sociais –coma o persoal en fogares de maiores, en centros de dependencia ou de discapacidade– co fin de consolidar o emprego neste ámbito, asà como eliminar o requisito de antigüidade de tres anos para considerar un posto como elixible para a súa inclusión nos procesos públicos de estabilización do emprego.
No eido da xubilación parcial, o conselleiro de Facenda demandou a restitución do réxime de xubilación parcial para persoal de servizo público, que foi eliminado como consecuencia de non ser renovado polo actual goberno a principios de 2019.
Xubilación dos bombeiros forestaisDurante a reunión, o representante da Xunta tamén pediu ampliar aos bombeiros forestais e ao resto do servizo de defensa e prevención contra incendios forestais de Galicia o réxime de xubilación favorable do que xa gozan os bombeiros dependentes da administracións públicas, mediante a aplicación de coeficientes de redución á idade de xubilación. Esta medida permitirÃa reducir a idade de xubilación duns profesionais que realizan un traballo fÃsico moi esixente, sometido a altas temperaturas e exposición ao fume.
Finalmente, o conselleiro de Facenda aproveitou para reiterar a solicitude de pago da mensualidade do IVE de 2017 que se lle debe a Galicia, e dos 100 millóns das polÃticas de emprego deste ano requisados a Galicia polo Goberno. Tamén demandou que na distribución do fondo de 16.000 millóns destinados ás comunidades autónomas para facer fronte á pandemia da covid-19, non se introduza ningún criterio de distribución innovador, de xeito que se manteñan os criterios xa empregados no sistema de financiamento autonómico.