Inicio Galicia O conselleiro de Economía e a alcaldesa de Salvaterra avalían medidas conxuntas...

O conselleiro de Economía e a alcaldesa de Salvaterra avalían medidas conxuntas para impulsar a dinamización do municipio

0

Francisco Conde e Marta Valcárcel mantiveron un encontro no que se abordaron diferentes medidas para incrementar a competitividade do parque empresarial ou para mellorar a formación das persoas desempregadas


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, mantiveron un encontro no que avaliaron a posta en marcha de diferentes medidas conxuntas para continuar a dinamizar a economía do municipio, entre as que valoraron actuacións no ámbito da formación para mellorar a empregabilidade das persoas paradas ou iniciativas para mellorar a competitividade do polígono empresarial de Chan da Ponte.

Desde 2009, a Consellería de Economía, Emprego e Industria leva apoiado con máis de 4,5 millóns de euros ao Concello, empresas e veciños de Salvaterra de Miño para a posta en marcha de diferentes iniciativas en ámbitos como as políticas activas de emprego, a dinamización empresarial ou a eficiencia enerxética, que permitiron mobilizar investimentos público-privados de máis de 9,5 millóns de euros.

Estes apoios poderanse ver reforzados nos próximos anos, xa que o municipio pertence á rede de Concellos Emprendedores. Formar parte desta iniciativa permite aos concellos ter prioridade en programas de axudas vinculadas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética.

A cambio, os concellos comprométense a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio. Galicia conta xa cun total de 125 Concellos Emprendedores, dos cales 19 pertencen á provincia de Pontevedra.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre