Inicio Galicia O conselleiro de Cultura presenta o libro A Casa do Patrón. O...

O conselleiro de Cultura presenta o libro A Casa do Patrón. O gran ecomuseo do mundo rural galego

0

Destaca que esta novidade editorial vai converterse nunha referencia no eido da etnografía

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta tarde na presentación do libro A Casa do Patrón. O gran ecomuseo do mundo rural galego, un proxecto editorial que recolle a historia etnográfica deste museo situado en Lalín, grazas ao empeño persoal do seu propietario e responsable, Manuel Blanco.

Durante a súa intervención neste acto, Román Rodríguez destacou a Casa do Patrón como unha institución cultural, etnográfica e turística de primeiro nivel, e un dos museos de referencia do mundo rural galego.

Coa publicación, agora, desta novidade editorial -que conta co apoio de Cultura- abóndase na importancia deste espazo museístico que alberga máis de 4.500 apeiros que representan uns 80 oficios artesáns; e en cuxo recinto está tamén o castro de Doade, con importantes achados que datan de entre os séculos V a.

C. e II d. C.

Segundo o conselleiro, esta publicación está chamada a ser unha referencia no eido da etnografía galega, coa posta en valor dos vellos oficios, de cantigas e lendas de tradición oral e de refráns, entre outros.

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

Román Rodríguez aproveitou para amosar o agradecemento persoal a Manuel Blanco e á súa familia como impulsores do proxecto; así como a Miguel Ángel Martínez Coello, editor do libro; e a Avelino Jácome Iglesias, maquetador da publicación. 


- Te recomendamos -