Ademais a Xunta está traballando xa nun protocolo especÃfico para a xestión destes espazos
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez, comprometeuse hoxe na reunión do Consello Escolar de Galicia a incrementar de forma substancial as contÃas das axudas que o seu departamento destina ás Asociacións de Nais e Pais (ANPAs) que xestionan comedores escolares no conxunto de Galicia, co fin de facilitar as medidas de adaptación sen que isto supoña un prexuÃzo para as familias no prezo do menú.
Asà mesmo, a Xunta de Galicia está a traballar xa nun protocolo especÃfico para o funcionamento dos comedores escolares, que será sometido á avaliación e asesoramento do Comité ClÃnico. Este protocolo será un reforzo á seguridade xurÃdica que a ConsellerÃa ofreceu aos xestores destes comedores, sempre e cando as medidas de adaptación se axusten ás determinadas pola Xunta de GaliciaEsta decisión foi trasladada, asà mesmo, á Federación OlÃvica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS) e á Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA). Tras este compromiso, ambas comprometéronse a manter o servizo de comedor que viñan xestionando en cursos pasados.
Estas medidas supoñen un recoñecemento ao esforzo e traballo que as ANPAs están a realizar para ofrecer o servizo de comedor escolar coas dificultades engadidas que supón a actual situación sanitaria.