Inicio Galicia O congreso Silverbullet18 afonda no panorama internacional da dirección de proxectos e...

O congreso Silverbullet18 afonda no panorama internacional da dirección de proxectos e xestión de persoas no ámbito tecnolóxico

0

Organizado polo CEPTIG e a Amtega, o congreso terá lugar o 27 de setembro na Cidade da Cultura

O vindeiro 27 de setembro vai ter lugar na Cidade da Cultura #SilverBullet18, o II Congreso de Proxectos TI, que este ano ten como principal novidade a internacionalización dos seus contidos. Mentres a primeira edición serviu para facer unha prospección do panorama nacional, esta vez ampliarase o punto de mira ao escenario internacional, con experiencias que chegarán de Bruxelas e México, abrindo o foco de interese máis aló do horizonte do noso país.

Organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), #SilverBullet18 está centrado nas novas tendencias na dirección de proxectos e xestión de persoas no ámbito TI e desenvolverase como un foro de debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión e dirección de proxectos TI, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais nesta área. O prazo de inscricións está aberto e poden formalizarse en http://silverbullet.cpetig.gal/.

Leer más:  Salvamento Marítimo y Gardacostas están buscando al tripulante de un velero que fue encontrado a la deriva frente a la Costa da Morte

RelatoresA mirada internacional terá os nomes propios de Laurent Kummer, coautor da metodoloxía oficial de xestión de proxectos das institucións europeas, publicada en 2016 como OpenPM², e autor do best seller The Lean Project Management; e Santiago Vázquez, director do Instituto de Liderado do Tecnolóxico de Monterrei (México). O panel de relatores complétase con Santiago Cabaleiro, responsable de Valor Persoas do Grupo Visual MS, empresa viguesa premiada como Best Workplace 2017, e Rafa García, fundador de Valor 2.0 e experto en productividade persoal e contornas colaborativas.#SilverBullet18 rematará unha mesa redonda, moderada por Berta Candendo, responsable de Content Factory en Netex Learning, para avivar o debate e favorecer a participación do público sobre as cuestións máis candentes, cunha comida networking que porá fin ao II Congreso de Dirección de Proxectos.

En definitiva, trátase de amosar as tendencias metodolóxicas do panorama internacional no eido da dirección de proxectos e, complementariamente, favorecer a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado. 

Leer más:  Contratos con Eulen y servicio de rastreo de la covid, entre los documentos exigidos a Xunta en la Comisión del Congreso

- Te recomendamos -