Inicio Galicia O concello de Pantón arranxará case 20 quilómetros de camiños municipais grazas...

O concello de Pantón arranxará case 20 quilómetros de camiños municipais grazas ás achegas de Medio Rural

0

A consellería investiu en tres anos máis de 250.000 euros para a mellora destas pistas de titularidade do concello


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, para analizar a situación actual das infraestruturas rurais do municipio. Neste senso, avaliaron as actuacións que se levaron a cabo estes anos no concello grazas ás achegas da consellería. En total, o goberno local chegará a ter arranxados 20 quilómetros de pistas logo de destinar nos últimos tres anos máis de 250.000 euros do Plan marco de mellora de camiños municipais de Medio Rural.

Este plan da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) conta no 2018 cun orzamento de 16 millóns de euros para toda Galicia, dos que máis de 4,1 millóns de euros van destinados á provincia de Lugo. A finalidade deste programa anual é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, como o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

A conselleira sinalou que o acondicionamento das principais vías de comunicación dos concellos permite unha mellor entrada e saída das mercadorías e dos propios veciños, dinamizando así o agro galego e facilitando a vida e traballo nas áreas rurais da nosa comunidade.

Prevención de incendiosNoutra orde de cousas, o alcalde aproveitou o encontro para solicitar á Consellería do Medio Rural un tractor para levar cabo as limpezas e rozas municipais. Ángeles Vázquez sinalou ao respecto que se estudiará, como todas as peticións, a dispoñibilidade orzamentaria. O obxectivo é chegar este ano aos 70 concellos galegos aos que se lles facilitou esta maquinaria, ben a través de achegas económicas para a súa compra ou autorizando o seu uso.  


- Te recomendamos -