Inicio Galicia O concello de Bóveda recibe o Premio á Innovación Bibliotecaria polo proxecto...

O concello de Bóveda recibe o Premio á Innovación Bibliotecaria polo proxecto inclusivo da súa axencia de lectura

0

O secretario xeral de Cultura felicitou ao alcalde pola iniciativa para integrar aos usuarios con diversidade funcional e atender aos colectivos máis vulnerables

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, entregou hoxe ao alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, o Premio á Innovación Bibliotecaria, un galardón posto en marcha pola Xunta de Galicia co fin de dar visibilidade das boas prácticas que se executan nas bibliotecas e axencias de lectura municipais e que nesta edición recoñece o proxecto inclusivo e integrador posto en marcha no concello lugués.

Durante a entrega do premio o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, felicitou ao rexedor por poñer en marcha unha iniciativa que integra aos usuarios con diversidade funcional e atende aos colectivos máis vulnerables. “As bibliotecas e dotacións culturais teñen que funcionar como espazos sen barreiras onde todos os colectivos poidan encontrar refuxio na cultura”, salientou o secretario xeral de Cultura. Neste sentido, destacou a colaboración entre a axencia de lectura municipal e outras entidades como o CEIP Rosalía de Castro, a residencia para persoas con diversidade funcional ou a propia área de Cultura do Concello de Bóveda converténdose nun “dos focos dinamizadores da cultura e da animación sociocultural neste concello”.

O proxecto elixido na edición deste ano do Premio á Innovación Bibliotecaria recoñeceuse a capacidade desta entidade cultural para influír na comunidade e executar un proxecto de integración social que teña en conta as circunstancias de todos os veciños. Para iso, apostouse pola adquisición de recursos bibliográficos adaptados como os libros de lectura fácil ou audiolibros, así como pola adaptación das instalacións reformando o aseo ou creando un novo acceso.

Día das BibliotecasNo marco do Día das Bibliotecas, que se celebrará na xornada de mañá, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade promove o Premio á Innovación Bibliotecaria por terceira vez co obxectivo de recoñecer o labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais de Galicia que leven a cabo proxectos e boas prácticas, innovadoras, de utilidade para as persoas usuarias, sustentables no tempo e próximos ao contexto local no que se atopan. Trátase dun galardón dotado cun premio de 3.000 euros que nas anteriores edicións foi concedido á biblioteca municipal de Camariñas e a Biblioteca Pública Neira Vilas de Vigo.200 concellosNo marco do Plan de Reactivación do sector cultural, a Administración autonómica vén de incrementar un 54% as axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego e para mellorar as coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias públicas de lectura integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. En total, o Goberno autonómico inviste 800.000 euros e benefícianse preto de 200 concellos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre