Inicio Galicia O Comité Educativo traballará nun plan específico para o caso hipotético de...

O Comité Educativo traballará nun plan específico para o caso hipotético de corentenas de longa duración

0
image_gallery.jpg

Román Rodríguez explicou que o obxectivo é actuar con antelación e adiantarse a posibles escenarios que, en todo caso, non se contemplan neste momento


O Comité Educativo aprobou hoxe comezar a traballar nun plan específico no que se recollan as medidas que sería necesario aplicar no caso hipotético de que se deba pasar a unha situación de corentena de longa duración, tanto se esta se produce por zonas como a nivel xeral.

Neste plan recolleranse os recursos pedagóxicos e tecnolóxicos que se deberán empregar en casos da suspensión da actividade presencial total, e compilaranse asuntos como o seguimento da actividade lectiva ou a avaliación.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade explicou que o peche total ou por zonas non é un escenario que se contemple neste momento, pero subliñou a importancia de traballar con antelación, adiantarnos e estar preparados. Neste sentido explicou que, unha vez se conte con este plan, de chegar o caso hipotético dunha corentena de longa duración, podería aplicarse de inmediato, dando instrucións precisas e previstas aos centros de ensino desde o punto de vista pedagóxico e organizativo, o que se sumaría así ás instrucións de medidas sanitarias. Este documento incorporarase e actualizará o plan de continxencia elaborado por cada centro ao respecto –seguindo o establecido no Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021–e servirá para completalo e melloralo. Neste sentido destacouse o moi bo traballo que realizaron os centros na elaboración destes plans.

Protocolo de actividades extraescolaresRomán Rodríguez informou, así mesmo, ao Comité educativo de que o Protocolo Complementario de Actividades Extraescolares en centros educativos vén de ser remitido ao Comité Clínico para a súa avaliación. A este respecto engadiu que, unha vez teña o visto bo das autoridades sanitarias, este documento remitirase aos centros, ás asociacións de nais e pais (ANPAs) e aos concellos para que teñan constancia de que estas actividades se poden desenvolver, sempre e cando se cumpran as normas ditadas polas autoridades sanitarias.

Neste sentido o conselleiro recordou que a finalidade das recomendacións e protocolos nos que se está traballando desde a Xunta é facer un reforzo da garantía de seguridade sanitaria dos centros de ensino no contexto da covid-19.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre