Inicio Galicia O Comité de coordinación policial antiincendios de Lugo mantivo unha xuntanza na...

O Comité de coordinación policial antiincendios de Lugo mantivo unha xuntanza na Delegación Territorial para ultimar detalles da campaña de verán

0


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na xuntanza do Comité de coordinación policial antiincendios que tivo lugar na Delegación Territorial para ultimar detalles de cara á campaña de alto risco de incendios forestais que comezará o 1 de xullo.

Asistiron á xuntanza representantes de diversos servizos da Xunta así como da Administración central e dos corpos e forzas de seguridade implicados no dispositivo, que este ano amplía a duración de tres a catro meses e estará despregado polo territorio ata o 31 de outubro. 

Leer más:  Salvamento Marítimo y Gardacostas están buscando al tripulante de un velero que fue encontrado a la deriva frente a la Costa da Morte

- Te recomendamos -