Inicio Galicia O Comité das Árbores Senlleiras analiza as conclusións da última revisión do...

O Comité das Árbores Senlleiras analiza as conclusións da última revisión do catálogo e 18 solicitudes para incluír máis exemplares

0

A función deste órgano consultivo é asesorar á Consellería de Medio Ambiente sobre as inclusións e exclusións de elementos no Catálogo de Árbores Senlleiras

O Comité das Árbores Senlleiras acaba de celebrar a súa reunión anual ordinaria durante a que tivo ocasión de coñecer as conclusións da revisión acometida nos dous últimos anos de todos os exemplares e formacións arbóreas que integran o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. Este traballo de investigación, contratado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda á Universidade de Santiago, conclúe que o estado de conservación da maior parte dos exemplares é satisfactorio. Non obstante, tamén propón descatalogar unha serie de elementos por terse constatado que perderon os valores polos que foron incluídos no censo no seu día.

O Comité das Árbores Senlleiras é un órgano consultivo que asesora á Consellería de Medio Ambiente sobre posibles inclusións e exclusións de árbores ou formacións dentro do catálogo. De feito, outro dos puntos abordados na reunión foi as solicitudes de catalogación de novos exemplares recibidas desde a súa última xuntanza. En concreto, realizouse a valoración de 18 solicitudes de especies (entre eles, ameneiros, camelias, carballos, bidueiros ou loureiros) presentadas por concellos, particulares e algunha asociación.

Cómpre precisar, en todo caso, que tanto as peticións para incluír novos elementos como os expedientes dos exemplares que se propón eliminar, terán que someterse ao correspondente procedemento administrativo co fin de abrir un período de alegacións e darlle trámite de audiencia aos titulares das árbores que se propón descatalogar.

Así mesmo, tamén se informou aos membros do órgano consultivo da inclusión de novos exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras no último ano: o falso ciprés de Silvouta, en Santiago de Compostela, unha formación de olmos no concello lucense de Barreiros, e un exemplar de magnolia grandiflora en Boqueixón (A Coruña).

Con estas últimas incorporacións, o catálogo conta a día de hoxe cun total de 189 elementos (151 árbores e 38 formacións) pertencentes a 80 especies coa seguinte distribución:

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre