Inicio Galicia O comité clínico actualiza o plan contra brotes de Galicia, analiza o...

O comité clínico actualiza o plan contra brotes de Galicia, analiza o segundo cribado nos centros sociosanitarios e avalía as recomendacións en diversos ámbitos

0


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participou esta tarde nunha nova reunión do comité clínico de expertos sanitarios na que se estudou a actualización do Plan de Control e Vixilancia contra brotes, toda vez que o pasado domingo decaeu o estado de alarma que limitaba a libre circulación e se abriu a mobilidade nacional e a mobilidade cos países do espazo Schengen.

Durante a xuntanza formuláronse diversas recomendacións estruturais e organizativas para as residencias de maiores, así como para a reactivación do sector do ocio nocturno, verbenas e festas populares, neste caso en relación a medidas de aforo, distanciamento ou ventilación.

Ademais, outra das cuestións que se abordou cos expertos foi o inicio esta semana do segundo cribado aos usuarios e traballadores dos centros sociosanitarios. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre