A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, recolleu o Premio á Innovación Tecnolóxica no Ensino outorgado ao Parque Tecnolóxico de Galicia, situado en San Cibrao das Viñas
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando GuldrÃs, participaron hoxe na “XII Noite da EnxeñarÃa en Informática de Galicia” organizada polo Colexio Profesional de EnxeñerÃa Informática de Galicia.
A directora de Gain e vicepresidenta do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópolerecolleu o galardón outorgado á Tecnópole na categorÃa de Innovación Tecnolóxica no Ensino. Este premio recoñece a aposta da Tecnópole pola divulgación cientÃfica entre os máis novos, co obxectivo de espertar vocacións cientÃfico-tecnolóxicas e incentivar o seu espÃrito emprendedor.
Tecnópole desenvolve diversos proxectos vencellados ao fomento das vocacións cientÃficas entre a infancia e a mocidade como a feira Galiciencia, a maior feira cientÃfica que se celebra en Galicia desde 2006; STEAM Kids Tecnópole, para achegar a ciencia e a tecnoloxÃa a escolares de 8 a 11 anos desde unha óptica artÃstica e creativa; as Aulas Tecnópole, pensadas para espertar vocacións cientÃficas e incentivar o espÃrito emprendedor entre o alumnado de 12 a 18 anos; e o campamento tecnolóxico de verán T2 W, que nesta oitava edición foi online, e está destinado a mozos e mozas de toda Galicia de entre 12 a 18 anos.
O segundo premio outorgado á Xunta, a través do Igape, que recolleu o seu director, Fernando GuldrÃs, xunto con representantes da Universidade da Coruña e o Clúster TIC, recoñece o seu papel na creación do centro de fabricación avanzada, que se construirá na futura Cidade das TIC coruñesa. O Goberno galego achegará 4,82 millóns de euros para a posta en marcha desta infraestrutura que ofrecerá ás empresas galegas un único punto de contacto no que demostrar, facer prototipos e lanzar proxectos do sector e servirá de enlace entre clientes e provedores de solucións das tecnoloxÃas da información e a comunicación para a transformación dixital da industria, facilitando o uso compartido de tecnoloxÃas e a definición de proxectos. Esta infraestrutura é un dos primeiros cinco centros de fabricación avanzada que a Xunta impulsa a través dunha liña que achega axudas que ascenden a 15,6 millóns de euros. O obxectivo deste programa é poñer en marcha infraestruturas industriais de uso aberto e compartido en diferentes puntos do territorio, que as pequenas e medianas empresas poderán utilizar e que contribuirán a desenvolver a base industrial a nivel local e a mellorar a competitividade do tecido produtivo galego. Os outros catro centros estarán situados na Plataforma LoxÃstica Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), no parque empresarial da Sionlla -no municipio de Santiago de Compostela-, e nos concellos de Narón e VilagarcÃa de Arousa. A posta en marcha das cinco novas infraestruturas vai supor un volume total de investimentos de 17,4 millóns de euros.
Outros galardóns nos que participan Gain e IgapeAsà mesmo, foi recoñecido na categorÃa de Iniciativa da Administración o proxecto de Compra Pública de Innovación Smartiago. Trátase do proxecto de smartcity da cidade de Santiago, impulsado polo Concello e cofinanciado por Gain.
Ademais, na categorÃa de Iniciativa Emprendedora, foi premiada a compañÃa tecnolóxica Appentra, participada por Igape e Gain a través do fondo Galicia Innovatech, e apoiada a través dos préstamos do Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, a aceleradora Galicia Open Future e o programa de contratación de técnicos de I+D+i Principia de Gain