Inicio Galicia O Colexio Carmelitas de Ourense exporá o seu traballo no programa Pasaporte...

O Colexio Carmelitas de Ourense exporá o seu traballo no programa Pasaporte Solidario na semana do voluntariado

0

A semana do 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado, a Xunta promoverá accións voluntarias en diferentes áreas de actuación

A Xunta promove accións voluntarias no marco da semana do voluntariado que se celebrará a semana do 5 de decembro. Neste marco, o Colexio Carmelitas de Ourense exporá o mércores día 4 o traballo realizado no marco do programa Pasaporte Solidario que por primeira vez se inclúe dentro do Plan Proxecta, dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que permitan desenvolver o currículo académico.

A nivel cultural, o martes 3 de decembro realizaranse labores de limpeza da área arqueolóxica no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Para esta actividade será necesaria inscrición.

O Goberno galego realizará outras actividades dentro desta semana entre as que destaca a entrega dos diplomas do curso de lingua de signos para persoas voluntarias que se está levando a cabo de xeito presencial no centro coordinador de información e documentación xuvenil de Santiago de Compostela. Cómpre resaltar que esta iniciativa forma parte dun dos obxectivos do protocolo asinado entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para promover o voluntariado na atención ás persoas xordo-cegas.

Así mesmo, o propio día 5 terá lugar un encontro entre participantes galegos nos campos de voluntariado de Galicia, doutras comunidades e do estranxeiro, que se celebrará no auditorio do CGAC en Santiago de Compostela. Os campos de voluntariado enmárcanse na Campaña de Verán que todos os anos programa a Xunta de Galicia. Neste 2019 ofertáronse un total de 643 prazas, 40 máis con respecto a 2018, en 30 campos diferentes. A temática destas actividades abranguen a medioambiental, a etnográfica, a social, a arqueolóxica e a patrimonial. Todas comparten unha faceta dinamizadora e impulsora da zona onde se levan a cabo, así como o seu carácter internacional coa participación de xuventude doutras nacionalidades.

Por último, e para finalizar esta Semana do Voluntariado, a Consellería de Política Social programa unha actividade de voluntariado ambiental na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo desde o venres 6 ao domingo 8. Esta acción enmárcase no programa LEWO (Life Envergreen with Volunteer) da Comisión Europea, co que se facilita que as mozas e mozos galegos se impliquen en accións de voluntariado ambiental en diferentes en zonas da comunidade de gran valor natural.

Cómpre resaltar que, tanto para a actividade en Campo Lameiro (10 prazas) como para a enmarcada no proxecto Lewo (20 prazas), o prazo de inscrición de senllas actuacións abrirase este luns 25 de novembro. As persoas que desexen participar deberán cubrir un formulario de solicitude dispoñible en www.voluntariagogalego.org.

Autobús Engánchate ao voluntariadoAdemais, a partir deste martes un autobús percorrerá desde Ferrol as sete cidades e as principais vilas galegas achegando información sobre os programas que desenvolve o Goberno galego nesta materia. Baixo o lema Engánchate ao voluntariado, este autobús tamén achegará material vinculado a esta campaña para favorecer a captación de máis persoas voluntarias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre