Inicio Galicia O ciclo ?Asaltos!? converterá o Gaiás nun ring cultural con Sés, Ledicia...

O ciclo ?Asaltos!? converterá o Gaiás nun ring cultural con Sés, Ledicia Costas e Xurxo Souto entre os púxiles dialécticos

0

Nunha orixinal posta en escena imitando un cuadrilátero, personalidades vencellas coa cultura galega e foránea enfrontaranse a retos sobre procesos creativos


A Cidade da Cultura de Galicia converterase en novembro nun ring dialéctico a través de Asaltos!, ciclo cultural nun formato orixinal e rompedor, no que se convida a personalidades de dentro e fóra de Galicia vencelladas co ámbito da literatura, da divulgación cultural, da tradución e da música a converterse en púxiles da palabra. O obxectivo é amosarlles ás e aos asistentes a singularidade e variedade dos procesos creativos, dun xeito diferente e fresco, no que o público tamén vai ser participante activo.

Coordinado pola investigadora e regueifeira Alba María Rodríguez, o ciclo Asaltos! repartirase en catro sesións ou rings dialécticos (divulgación, tradución, oralidade e poesía) que se celebrarán os venres e sábados 9, 10, 16 e 17 de novembro con entrada de balde, previa inscrición na páxina web cidadedacultura.gal.

Púxiles dialécticosO ciclo permitirá descubrirlles in situ aos asistentes outras facianas creativas de figuras da cultura como Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil; María Seisdedos, Premio Nacional de Tradución e tradutura ao galego do Ulises de Joyce e da mítica serie Shin Chan; e a cantautora galega Ses, que enche auditorios e teatros co seu repertorio ecléctico con letras combativas.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Completan este repertorio de púxiles da palabra (escrita, lida ou cantada) a prestixiosa tradutora italiana Sara Margueita Cavarero; os poetas Antón Blanco e Elías Portela, o primeiro tamén é batería de Atrás Tigre e, o segundo, foi Premio de Poesía Afundación e está considerado en Islandia un dos mellores escritores actuais na súa lingua; os críticos literarios Ramón Nicolas e Chus Nogueira; o ex membro de Os Diplomáticos de Monte Alto Xurxo Souto; e as dinamizadoras culturais da libraría Berbiriana, na Coruña; a creadora e performance Silvia Penas, de Cinta Adhesiva; e a propia Alba María Rodríguez.

Retos creativosAsaltos! permitirá descubrilos a todos e a todas elas dun xeito diferente, sacándoos da súa zona de confort creativa para proporlles —no respectivo ring dialéctico no que participan— retos coa palabra, a composición, a improvisación e con todo aquilo que ten que ver cos procesos creativos para así amosarlle en tempo real a audiencia como de variados, diferentes, singulares e enriquecedores poden ser.

Ademais, este formato converte o público en participante activo, que non se limitará a mero espectador ou espectadora, rachando coa distancias de emisor-receptor. De igual xeito, contarase cun amenizador musical para marcar os ritmos no cuadrilátero dialéctico-creativo, polo que a música será tamén unha púxil máis cun papel especial grazas ás intervencións sonoras do DJ Jesús Andrés Tejada. 

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -