Inicio Galicia O CIAE 112 Galicia ten xa operativo o sistema eCALL de avisos...

O CIAE 112 Galicia ten xa operativo o sistema eCALL de avisos en caso de accidente de tráfico grave

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda comprobou hoxe in situ o servizo implantado no centro da Estrada

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ten xa operativo todo o sistema para recibir as chamadas e datos procedentes do sistema “eCall”, co que se tratará de acurtar o máximo posible a resposta dos servizos de emerxencias tras un accidente de tráfico, como así comprobou esta mañá o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda nunha visita ao centro da Estrada. O 112 de Galicia de forma coordinada e en colaboración co CETAG -Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia-, estivo facendo probas durante os últimos tres meses para ter a punto o sistema que está operativo e dende o 1 de abril. A importancia do sistema “eCall” radica no aumento das posibilidades de salvar vidas ou incluso reducir as consecuencias das lesións producidas por un accidente de tráfico, xa que permite o propio vehículo conectar co CIAE 112 de Galicia para comunicar calquera tipo de incidencia na que se atope involucrado. Isto o pode facer o vehículo de maneira automática en caso de colisión ou pode facelo o propio condutor de maneira manual si non se mira imposibilitado polo impacto da colisión.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Este sistema emitirá, de forma automática ou manual, unha chamada de emerxencia en canto o vehículo sufra un impacto, ou mesmo teña lugar outra urxencia no interior dun vehículo. O sinal irá acompañado dos datos relacionados coa xeolocalización e identificación do vehículo así como outros datos como o tipo de combustible que utiliza.  


- Te recomendamos -