Inicio Galicia O CGAI inicia curso chamando á reflexión sobre o estado de Europa...

O CGAI inicia curso chamando á reflexión sobre o estado de Europa cunha escolma de 14 fitas recentes

0

O ciclo ‘Espectros de Europa’ ábrese co último da mítica cineasta francesa Agnès Varda e inclúe outros importantes títulos dos últimos anos, nos que se tratan asuntos como a auxe do nacionalismo ou o colonialismo económico


O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) inicia o curso 2018-2019 querendo chamar á reflexión sobre o estado das cousas no continente europeo. Faino co ciclo Espectros de Europa, que abre a programación este mércores 12 de setembro coa proxección de Caras y lugares, o último traballo da prestixiosa directora francesa Agnès Varda, en colaboración co artista gráfico JR, filme de retratos que leva os autores por toda Francia tomando o pulso do seu pais, das súas vilas, rúas e xentes.

O ciclo reúne 14 producións recentes que abordan a convivencia, os conflitos derivados da emerxencia do racismo, a xenofobia ou o nacionalismo. Esta escolla de filmes fala do pasado (particularmente Stefan Zweig: adiós a Europa) e do presente, cando non de dúas temporalidades que se solapan, de forma literal (como en En tránsito) ou coa saída á luz dun pasado que se quixo soterrar para mantelo agachado (Ida e Escoréu, 24 d’avientu de 1937).

Leer más:  Santiago establece "zona urbana" para solicitar la intervención del Gobierno y expandir la utilización residencial de Peleteiro

As películas seleccionadas tratan tamén as tensións étnicas (Demasiado cerca, A Ciambra), a aparición do outro, do inmigrante (El otro lado de la esperanza, The Square), o colonialismo económico (Toni Erdmann, Western), as consecuencias directas e máis inmediatas da crise (La fábrica de nada) ou o sentimento tan abstracto como desencantado do que outrora puido supor a utopía europea, cando menos para a xuventude (Park, Europa).

Novas apostas polo cine galegoBuscando sempre iniciativas de apoio ao cine feito en Galicia, o CGAI inaugura unha nova sección en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual. Baixo o nome de A ilusión é perfecta, este programa ten como obxectivo recuperar, reivindicar e lembrar persoas e obras que, por diversos motivos, xogaron un papel destacado na historia do noso audiovisual.

O primeiro destes programas, o 25 de outubro, estará dedicado á figura de José Nieto. Seis veces gañador do premio Goya á mellor música, tres veces premio do Círculo de Escritores Cinematográficos e primeiro compositor en obter o Premio Nacional de Cinematografía, está considerado o máis relevante compositor español entre as décadas dos 70 e dos 90.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

Ademais, a sección coordinada por Antón Reixa Pensando en cine/Pensando en Galicia, convida nesta ocasión á gaiteira e compositora Susana Seivane a presentar Crebinsky o 29 de setembro, mentres que outras cinco sesións distribuídas entre os programas Off Galicia e Desencadres achegan algúns dos traballos galegos recentes máis estimulantes.

Foco no fantástico e reivindicación de BergmanComo é xa habitual cada ano, o CGAI acolle do 16 ao 20 de outubro o FKM Festival Internacional de Cinema Fantástico da Coruña, que nesta edición pon o foco no tema Sexo, provocación e censura e rende homenaxe ao director polaco Walerian Borowczyk.

O cine fantástico tamén será protagonista na sección Fóra de serie, na que se pasa La noche de los muertos vivientes, de George A. Romero (4 de outubro). Este filme, que marcou un antes e un despois no xénero dos zombies, cumpre precisamente 50 anos este outubro e a proxección concíbese a xeito de homenaxe pola efeméride.

Por último, continúase coa retrospectiva de Ingmar Bergman no ano do seu centenario, proxectándose títulos tan senlleiros da súa filmografía como Persona (26 de setembro) ou Sonata de otoño (3 de outubro), entre outros.

Leer más:  Los trenes Avril están triunfando en Galicia: más de 13.000 billetes vendidos en menos de 24 horas

Para toda a información sobre a programación completa e os seus horarios, pode consultarse a páxina web www.cgai.xunta.gal. 


- Te recomendamos -