Inicio Galicia O certame de oratoria ComunicaTedu céntrase na igualdade e na prevención da...

O certame de oratoria ComunicaTedu céntrase na igualdade e na prevención da violencia de xénero

0

A Consellería de Educación acaba de publicar a convocatoria deste concurso, destinado a alumnado de ESO e 1º de bacharelato


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a convocatoria da segunda edición do concurso de oratoria ComunicaTedu, que ten como obxectivo que o alumnado afonde na adquisición da competencia en comunicación lingüística, desta vez en relación á igualdade e á prevención da violencia de xénero. Este certame complementa a oferta da materia de oratoria nos centros educativos galegos como materia de libre configuración autonómica en 1º e 2º de ESO, así como –pola temática escollida este ano– as de Igualdade de Xénero, Sociedade Inclusiva e Coeducación para o século XXI.

Respecto da convocatoria do curso anterior, cambia a temática do concurso, amplíase a participación a 1º de bacharelato, amplíase a constitución dos equipos e aumentan as categorías dos premios. En calquera caso, o certame segue baseándose na preparación dunha intervención por cada equipo de estudantes participante arredor dun tema determinado e na súa gravación para sometela á avaliación do xurado.

Deste xeito, poderán participar alumnas e alumnos que cursen en centros públicos os catro cursos de ESO ou 1º de bacharelato. Cada centro poderá presentar ata 4 equipos, cada un deles constituído por un docente coordinador, ata tres docentes colaboradores e ata 6 estudantes.

A presentación das solicitudes realizarase a través do enderezo electrónico comunicatedu@edu.xunta.gal.

FasesEntre os centros solicitantes a Consellería seleccionará 30 equipos para participar no concurso. Nunha primeira fase, os docentes recibirán o asesoramento necesario sobre as normas de elaboración das presentación e a metodoloxía: definición do tema, discurso argumentativo, soporte audiovisual, elementos de valoración do xurado…

Na segunda fase, os equipos prepararán as súas intervencións e elaborarán os vídeos correspondentes, que serán enviados para a súa valoración na terceira fase. Unha vez seleccionadas, as 12 intervencións mellor valoradas –que serán recoñecidas cun diploma que acredite esta distinción- participarán nun evento no que serán de novo expostas para a súa gravación definitiva e difusión a través do portal educativo.

Nesta segunda edición outorgaranse un total de catro premios, 1º e 2º para a categoría de ESO e o mesmo para a de bacharelato, dotados con 2000 € (os primeiros premios) e 1500 euros (os segundos).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre