Inicio Galicia O Centro Tecnolóxico da Carne segue aumentando a súa participación en proxectos...

O Centro Tecnolóxico da Carne segue aumentando a súa participación en proxectos de investigación a prol do sector

0

A entidade, que depende de Medio Rural, desenvolveu en todo o 2017 ata 46 iniciativas de I+D+i, que supuxeron a mobilización de 19,5 millóns de euros

O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), dependente da Consellería do Medio Rural, desenvolveu ao longo de 2017 ata 46 proxectos de Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i) en colaboración con empresas e axentes do sector. Estas iniciativas supuxeron a mobilización de 19,5 millóns de euros, o que supón un incremento do 31,4% no número de proxectos e do 20,8% no orzamento respecto ao exercicio de 2016.

Ademais desta participación en proxectos investigadores, o CTC levou a cabo 47.079 determinacións analíticas en 11.863 mostras, que representan uns incrementos do 59% e do 53% respectivamente, en relación co ano anterior. Ademais, o centro ofrece asesoramento ao sector, organiza xornadas de difusión e simula procesos e produtos na súa planta piloto.

Este balance fíxose na última reunión da fundación que xestiona o centro, presidida pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez. Nesta xuntanza aprobáronse, ademais, as contas da entidade correspondentes a 2017, que reflicten un incremento de preto do 20% respecto ao exercicio anterior. Así mesmo, neste 2018 o orzamento de gastos medra un 10,4% sobre o de 2017, ata chegar aos 3,2 millóns de euros. Este incremento está vinculado á maior carteira de proxectos de I+D+i do centro, que se traduce nun importante aumento da súa actividade.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Primeiro semestre de 2018No primeiro semestre de 2018 o CTC participou xa no desenvolvemento de 41 proxectos investigadores, a maior parte deles en colaboración con empresas e outras entidades do sector agroalimentario, cun investimento global de máis de 20 millóns de euros. Así pois, a mobilización económica que propicia a actividade do centro no que vai de 2018 supera xa o mesmo indicador para todo o ano 2017. Ademais, neste ano conseguíronse 23 novos proxectos, cun orzamento global de máis de sete millóns de euros.

Gran parte das iniciativas de I+D+i nas que participa o CTC proveñen de convocatorias de carácter autonómico, nacional e mesmo internacional. A súa misión é dar resposta ás necesidades que teñen neste eido os axentes sectoriais, xerando transferindo e divulgando coñecemento útil, a través da realización de proxectos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e prestación de servizos de calidade que impulsen os procesos de innovación dende unha perspectiva sustentable.

Os eixos estratéxicos do centro son a xeración e desenvolvemento de coñecemento tecnolóxico orientado á competitividade do sector cárnico, a posta en valor e transferencia ao mercado da oferta tecnolóxica do CTC, a procura da eficiencia e a sostibilidade e tamén a divulgación da innovación e comunicación institucional. As súas liñas de acción baséanse en catro áreas fundamentais: o I+D+i no ámbito cárnico, o asesoramento e transferencia tecnolóxica ao sector, servizos a empresas e formación. 

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

- Te recomendamos -