Inicio Galicia O Centro Superior de Hostalería de Galicia contará este curso cun Plan...

O Centro Superior de Hostalería de Galicia contará este curso cun Plan de continxencia adaptado á covid-19

0
image_gallery.jpg

O centro, no que cursarán os seus estudos 228 alumnos, contempla 3 escenarios diferentes para impartir docencia en función da evolución da situación sanitaria


Un total de 228 alumnos recibirán este curso 2020-2021 os seus estudos especializados no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), 202 en Xestión Hoteleira e 26 na diplomatura de Gastronomía e Xestión en Cociña. O CSHG comezou este curso de xeito escalonado na segunda quincena do mes de setembro para a recuperación de contidos para o alumnado de Xestión Hoteleira, mentres que agora en outubro comeza o curso para os novos alumnos que se incorporan por vez primeira ao centro, 66 en total.

Para este curso 2020/21 o CSHG desenvolveu un plan de continxencia que contempla 3 posibles escenarios en función da evolución da pandemia que van desde unha presencialidade total ao peche das instalacións. Ademais, definíronse medidas específicas para cada un deles, e só no caso do escenario 3 a formación realizarase de forma íntegra a distancia.

Todas estas medidas de prevención e control están recollidas no Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 do CSHG. Este protocolo compartiuse coa comunidade educativa e impartiuse unha formación para persoal e alumnado de forma previa ao comezo do curso.

A Xunta destaca a importancia da formación como sinónimo de futuro, de excelencia e dunha profesionalización que está sendo moi demandada e apreciada polo sector turístico.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre