Inicio Galicia O Centro Superior de Hostalería de Galicia abre de forma oficial o...

O Centro Superior de Hostalería de Galicia abre de forma oficial o curso coa posta en marcha dun plan de continxencia adaptado á covid-19

0
image_gallery.jpg

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na webinar de benvida aos alumnos de 1º curso de Diploma Superior en Xestión Hoteleira


O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) acolleu esta mañá nas súas instalacións da Barcia, en Santiago de Compostela, o acto de apertura oficial do curso 2020-2021 a través dun webinar de benvida ao alumnado do primeiro curso do Diploma Superior en Xestión Hoteleira. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de pechar o acto no que tamén participaron a directora do CSHG, Marta Fernández, e Óscar Regueiro Castro, antigo alumno do centro e actual director do Gran Meliá Palacio dos Duques, en Madrid.

Na súa intervención Nava Castro destacou a importancia da formación como sinónimo de futuro, de excelencia e dunha profesionalización que está sendo moi demandada e apreciada polo sector turístico. “O sector turístico necesita profesionais formados, con paixón polo seu traballo, que saiban contaxiar ese espírito aos seus compañeiros e nos axuden a seguir facendo de Galicia un destino seguro e de excelencia”, explicou.

Plan de ContinxenciaUn total de 228 alumnos cursarán os seus estudos especializados no Centro Superior de Hostalería de Galicia, 202 en Xestión Hoteleira e 26 na diplomatura de Gastronomía e Xestión en Cociña. O CSHG comezou este curso de xeito escalonado na segunda quincena do mes de setembro para a recuperación de contidos para o alumnado de Xestión Hoteleira, mentres que agora en outubro comeza o curso para os novos alumnos que se incorporan por vez primeira ao centro, 66 en total.

Para este curso 2020/21 o CSHG desenvolveu un plan de continxencia que contempla 3 posibles escenarios en función da evolución da pandemia que van desde unha presencialidade total ao peche das instalacións. Ademais, definíronse medidas específicas para cada un deles, e só no caso do escenario 3 a formación realizarase de forma íntegra a distancia.

Todas estas medidas de prevención e control están recollidas no Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 do CSHG. Este protocolo compartiuse coa comunidade educativa e impartiuse unha formación para persoal e alumnado de forma previa ao comezo do curso.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre