Inicio Galicia O Centro Galego de Lleida acolle a conferencia ?A lingua galega desde...

O Centro Galego de Lleida acolle a conferencia ?A lingua galega desde a orixe do Camiño de Santiago aos nosos días?

0

O secretario xeral de Política Lingüística falou sobre “A lingua galega desde a orixe do Camiño de Santiago aos nosos días”

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ofreceu este serán no Centro Galego de Lleida a conferencia A lingua galega desde a orixe do Camiño de Santiago aos nosos días.

O representante da Xunta lembrou que o galego “sempre conviviu con outras linguas –ao principio o latín, despois tamén o castelán e nos nosos días súmase o inglés–, pero hoxe como no medievo é quen de demostrar a súa valía como vehículo de comunicación en calquera ámbito e a un nivel semellante ao doutros idiomas de cultura que o rodean”.

Así mesmo, o secretario xeral de Política Lingüística convidou os galegos de Lleida “a seguir utilizando o galego na familia e nas reunións con outros galegos, porque un idioma máis é unha riqueza que os vosos fillos poden e deben aproveitar”. No curso da conferencia, e ao fío dos seus comentarios sobre o Camiño de Santiago, tamén lles pediu que difundisen en Cataluña a riqueza paisaxística e artística da Ruta Xacobea.

O relatorio foi un dos moitos actos organizados desde o pasado 13 de novembro como parte das Xornadas Culturais Intercentros da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, da que forma parte o Centro Galego de Lleida.

Centro Galego de LleidaO Centro Galego de Lleida foi fundado en 1977 co obxectivo de difundir a orixe e identidade galegas, desenvolvendo actividades de divulgación da idiosincrasia, cultura e costumes galegos entre os seus socios, descendentes e público en xeral.

Forma parte da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida xunto coa casas de Andalucía, Aragón, Cantabria, Castela e León e Estremadura 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre