Inicio Galicia O centro educativo Ramón de Artaza, de Muros, resultou gañador do premio...

O centro educativo Ramón de Artaza, de Muros, resultou gañador do premio do primeiro congreso Aliméntate Ben

0

Por un traballo destinado a comprobar se os almorzos do recreo son saudables

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, participou hoxe na entrega de distincións dos proxectos de educación infantil e primaria do I Congreso Aliméntate ben, que se está a celebrar hoxe e mañá no Palacio de congresos e exposicións de Galicia, e no que participan 500 alumnos de toda Galicia. O premio nesta primeira xornada, na que participaron colexios de infantil e primaria, foi para o Centro Educativo Ramón de Artaza e Malvárez, de Muros. O estudo gañador ten por obxectivo comprobar se os almorzos do recreo son saudables, facendo recollida de datos dos almorzos do conxunto de todo o alumnado do colexio, tanto en Educación Infantil como Primaria, e realizando unha análise de etiquetas e valorando graxas, azúcares e sal, coa fin de facer propostas de mellora. O premio ten unha dotación de 2.500 euros destinados á realización do estudo e invitacións ao alumnado a un día no aquapark de Cerceda.

Na xornada de hoxe participaron, tamén, o centro educativo Padre Crespo de Xunqueira de Ambía; CRA de Ribadumia; CEIP Plurilingüe de Lousada en Guntín; Mestra Clara Torres de Tui; CEIP Frián-Teis de Vigo; CEIP de Rubiáns en Vilagarcía; Centro Pedro Caselles de Tomiño; Centro Francisco Vales de Betanzos; Centro Terra de Ferrol; IES de Melide; IES Francisco Daviña de Monforte; IES Plurilingüe A Cachada de Boiro; IES Alfonso X O Sabio de Cambre; IES de Chapela en Redondela; IES Num. 1 de Ordes e Centro de Ponte Carreira en Frades.

Mellora dos hábitos alimentariosNo transcurso deste acto, o conselleiro remarcou a importancia dos estilos de vida no presente e no futuro da nosa sociedade, polo que “a promoción duns hábitos de vida saudables no alumnado dos nosos centros educativos é unha misión de todos e de todas”. Segundo lembrou un dos obxectivos deste congreso é a mellora dos hábitos alimentarios dos rapaces, o que derivará “nunha sociedade con menos enfermidades e maior calidade de vida das persoas que a compoñen, o que en definitiva, contribúe ao benestar de toda a comunidade”Almuiña destacou a implicación de alumnos e mestres na elaboración dos proxectos, e animou aos participantes para que os seus traballos non sexan algo puntual “senón que sirvan de estímulo para que se siga traballando todos os día na aula estes temas”. O conselleiro subliñou á importancia de que os rapaces aprendan a coidar o seu corpo e a súa saúde, a través da prevención das enfermidades, baseándose nunha boa alimentación e a práctica habitual do deporte.

Este congreso é unha iniciativa da Xunta de Galicia na que participan as consellerías de Sanidade; Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Medio Rural; Mar; Economía, Emprego e Industria; e Política Social. O seu obxectivo principal é que os rapaces sexan capaces de analizar a súa contorna alimentaria, de comunicar as súas conclusións os resto da comunidade educativa e de valorar e recoñecer o traballo dos seus compañeiros ademais de participar en actividades deseñadas para fomentar a alimentación saudable desde as primeiras etapas da vida.

Aliméntate Ben-ProxectaA iniciativa Aliméntate ben, que forma parte do Plan Proxecta, acolle as iniciativas canalizadas a través da Consellería de Sanidade (proxectos Xermoliño e Xermolón e Cociñando con Saúde), do Fondo Galego de Garantía Agraria da Consellería de Medio Rura l(Plan de froita na escola e Plan de lácteos na escola) da Consellería do Mar (Ponlle as pilas ao teu bocata e O sabor da aventura está no mar). Ao longo das xornadas do Congreso colaborarán ademais o Instituto Galego de Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Sociedade Galega de Medio Ambiente, a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre