Inicio Galicia O Centro de Investigación Forestal de Lourizán actuará como ente de referencia...

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán actuará como ente de referencia do castiñeiro en España

0

Así o anunciou esta mañá no Parlamento o director xeral de Ordenación Forestal, que engadiu que se conta cunha importante colección de variedades autóctonas desta especie

O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, compareceu esta mañá na Comisión 7ª do Parlamento, onde sinalou que as competencia do centro de certificación do castiñeiro serán asumidas polo propio centro de investigación forestal de Lourizán, que conta actualmente con técnicos profesionais e unha importante colección de referencia de variedades autóctonas de castiñeiro.

Neste senso, o director xeral explicou que o CIF de Lourizán está á espera de realizar o correspondente exame de DHE (distinción, homoxeneidade e estabilidade) que concede a Oficina Española de Variedades Vegetales (OEVV), co fin de seguir traballando e mellorando as variedades autóctonas de castiñeiro e ampliar así a colección con exemplares propios doutras localizacións que presentan unha elevada produción de froito.

Fernández-Couto asegurou que a Consellería do Medio Rural é coñecedora da importancia do cultivo de castaña na nosa comunidade. Por iso, dende este departamento vense traballando dende fai anos na loita contra os maiores problemas que ten o castiñeiro en Galicia, como é o cancro e a avispilla do castiñeiro.

Neste senso, o director xeral subliñou que Galicia é con diferencia a comunidade autónoma máis involucrada na loita e defensa desta especie forestal. Así, con respecto ao cancro tratáronse máis de 90.000 pés con inoculo hipovirulante. En canto á loita biolóxica contra a avispilla, o esforzo técnico e económico realizado pola consellaría plasmase nunha densidade de solta e control de individuos de torymus de preto de 1,8 millóns de individuos ao longo destes últimos 3 anos.

Seguros agrariosTamén participou nesta Comisión 7ª a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, quen deu conta das axudas para subscribir seguros agrarios en Galicia. Así, a directora xeral explicou que a Consellería consolida o seguro agrario como ferramenta eficaz e fiable na xestión dos riscos naturais no sector, co fin de permitirlle aos agricultores e gandeiros a obtención de rendas dignas en caso de sinistros e aportarlle así estabilidade á xestión das súas explotacións.

Para este ano 2018, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez destina un total de 5 millóns de euros para subvencionar as distintas liñas de seguros agrarios, o que supón a cantidade máis alta dos últimos seis anos. Estas achegas, que se conceden de forma directa aos agricultores, son destinadas aos asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2018.

A directora xeral tamén deu conta dos seguros subscritos o pasado ano. Así, no 2017 houbo un total de 51.671 pólizas que aseguraron unha superficie agraria de 13.058 hectáreas. O número de animais asegurados foi de 25,5 millóns de cabezas por un capital asegurado de 662 millóns de euros. A maior parte das pólizas aseguradas corresponden á liña de seguro de retirada, transporte e destrución de animais mortos nas explotacións agrarias de Galicia (46.043), seguida pola de producións gandeiras (4.324) e, finalmente, a de producións agrarias (1.299).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre