Inicio Galicia O centro de formación A Aixola retoma a súa actividade no mes...

O centro de formación A Aixola retoma a súa actividade no mes de agosto ofertando un cento de prazas en oito novos cursos

0

O inicio da actividade formativa estaba prevista para o pasado mes de abril pero tivo que aprazarse como consecuencia da alerta sanitaria polo coronavirus


O centro de formación A Aixola, con sede no porto de Marín e dependente da Consellería do Mar, retomará a actividade formativa no mes de agosto cunha oferta de máis de 2.100 horas de formación en oito novos cursos cun cento de prazas dirixidas a alumnado do sector pesqueiro. A volta á actividade deste centro de formación estaba prevista para o pasado mes de abril pero tivo que ser aprazada como consecuencia da alerta sanitaria polo coronavirus.

Ademais dos oito cursos de diferente temática vinculada á pesca e que oscilarán entre as 70 e as 350 horas lectivas, a oferta da Aixola complétase con varios módulos formativos nas áreas de emprego e prevención de riscos laborais que completarán a preparación do alumnado beneficiario.

Está prevista inicialmente a posta en marcha dun curso de laminado manual en poliéster para pezas de uso en acuicultura e construción naval de 300 horas de duración e con 15 prazas e outro de formación de formadores para o certificado profesional de confección e mantemento de artes e aparellos (70 horas e 12 prazas).

A partir de setembro impartiranse as formacións das áreas de instalacións mecánicas e eléctricas (mecánica básica de motores en embarcacións menores, de 150 horas, e electricidade e hidráulica básicas aplicadas ao buque, de 275 horas), os cursos da área de velaría e pneumáticas (velaría e acastillaxe, de 350 horas, e reparación de embarcacións pneumáticas, de 300 horas) así como a formación necesaria para obter o certificado profesional de confección e mantemento de artes e aparellos (330 horas). Cada un deles ofertará 12 prazas. Finalmente, na área de madeira, organizarase un curso de elaboración e instalación de cubertas de madeira en embarcacións menores, de 300 horas e 15 prazas.

Todo o alumnado do centro completará a súa formación cos módulos de prevención de riscos laborais e poderá participar na formación para a busca de emprego e autoemprego así como nas titorías de apoio para o mellor seguimento da formación.

A actividade formativa da Aixola está dirixida tanto a persoas relacionadas co sector pesqueiro, sexa pola súa formación ou vinculación laboral, incluíndo a aquelas persoas que traballan actualmente no sector, como ás que se preparan para entrar nel.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre