Inicio Galicia O Centro de Estudos Galegos de Perugia edita a Lois Pereiro en...

O Centro de Estudos Galegos de Perugia edita a Lois Pereiro en italiano

0

O secretario xeral de Política Lingüística e o director deste centro adscrito á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta presentaron hoxe o novo volume


O Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de Perugia (Italia) deu ao prelo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o novo volume Poesia ultima di amore e malattia 1992-1995, quinta tradución da obra Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 que xa se pode ler, ademais de en galego, en catalán, en éuscaro, en castelán, en inglés e en búlgaro.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o director do centro adscrito á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta e editor presentaron hoxe a obra, acompañados de Xosé Manuel Pereiro, irmán do autor monfortino; e da subdirectora xeral de Política Lingüística, Lourdes Batán.

García Gómez deulle a benvida ao novo volume “que contribuirá a seguir proxectando a importante obra de quen foi, sen dúbida, un dos autores que mellor representan a eclosión poética da literatura galega dos 80 e empatizan a través da palabra, da rebeldía e da contracultura coa xente nova”.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

Lois Pereiro, un referente, tamén en italianoO CEG de Perugia (Italia), pertencente á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia, edita, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o volume Poesia ultima di amore e malattia 1992-1995 (Ed. Aguaplano), edición italiana de Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, o poemario máis coñecido do autor monfortino homenaxeado polas Letras Galegas 2011.

A nova edición en italiano vén encher un baleiro na difusión deste poeta entre os lectores italianos, un dos autores máis recoñecibles da poesía galega de finais do século XX e unha figura emblematicamente xeracional da contracultura europea que xurdiu ao longo das anos 80 e 90. A herdanza de Lois Pereiro queda neste testemuño en versos escritos nos seus últimos meses antes de morrer en 1996. Poesía última de amor e enfermidade é unha obra na que “a enfermidade se redefine poeticamente na fronteira salvaxe da vida". Visceral, contaminado, auténtico, “é un deses libros que, para Manuel Rivas, xustifican a boca da literatura, que forman parte da presenza común universal”. 

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

- Te recomendamos -