Inicio Galicia O CDTIC da Amtega organiza en novembro unha nova edición do programa...

O CDTIC da Amtega organiza en novembro unha nova edición do programa #MesD centrado no manexo de ferramentas multimedia

0

Entre o 12 e o 28 deste mes o Centro Demostrador acollerá tres sesións formativas dedicadas Adobe Premiere Pro, Gimp e Inkscape


O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza a cuarta edición de #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes sesións formativas dedicadas a un tema concreto. En novembro, #MesD centrarase nas ferramentas audiovisuais con tres actividades sobre os programas Adobe Premiere Pro, para a edición de vídeos; Gimp, para retoques fotográficos; e Inkscape, para deseño. Todas elas desenvolveranse nas instalacións do CDTIC en Santiago de Compostela en horario de 16.00 a 18.30 horas e están dirixidas a calquera persoa interesada que desexe mellorar as súas habilidades en calquera destes ámbitos. A primeira sesión, que impartirá o 12 de novembro César Domínguez Castro, estará dedicada a Adobe Premiere Pro 2016, unha ferramenta coa que as persoas asistentes poderán coñecer aspectos básicos para a realización e a edición de vídeos. O segundo seminario, centrado en Gimp, chegará o 21 de novembro da man de Jorge Lama, e nel farase unha aproximación ao retoque fotográfico con esta ferramenta libre, versátil, fácil de usar e, ao mesmo tempo, potente. Por último, o 28 de novembro chegará a quenda de Inkscape, sobre o que tamén falará Jorge Lama para dar a coñecer as vantaxes deste editor de gráficos vectoriais potente, cómodo e de código libre. Para participar nestas actividades cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/) ou a través da súa aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS. A inscrición é de balde ata que se cubran todas as prazas.

Programa #MesDO programa #MesD é unha iniciativa impulsada desde o CDTIC que consiste nun ciclo de sesións formativas sobre un tema concreto concentradas ao longo dun mes e cunha duración aproximada de dúas horas e media. Ata o momento organizáronse tres edicións do programa. A primeira delas, celebrada no mes de marzo de 2018, dedicouse ao marketing dixital; a segunda, no mes de xuño do mesmo ano, ao comercio electrónico; e en marzo de 2019, a última organizada ata o momento, centrada nas redes sociais.

Centro Demostrador TICO CDTIC, impulsado pola Amtega, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Así, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre