Inicio Galicia O Catálogo de árbores senlleiras amplía ata 188 o número de exemplares...

O Catálogo de árbores senlleiras amplía ata 188 o número de exemplares e formacións identificadas en toda Galicia con dúas novas incorporacións

0

O DOG publica hoxe a resolución pola que se inclúe no rexistro un falso ciprés localizado en Santiago e unha formación de olmos de Barreiros, seleccionadas polas súas características morfolóxicas e pola súa singularidade bioxeográfica

Santiago, 23 de agosto de 2018.- O Catálogo galego de árbores senlleiras acaba de incorporar ao seu rexistro un novo exemplar de falso ciprés en Silvouta, no termo municipal de Santiago de Compostela, e unha formación de olmos, localizada en Santiago de Reinante, no concello lucense de Barreiros. Así se recolle hoxe no Diario Oficial de Galicia, que publica a resolución pola que se anuncian as novas incorporacións ao catálogo tendo en conta as características morfolóxicas e a singularidade bioxeográfica de ambos elementos.

O Catálogo de árbores senlleiras, dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, é un rexistro público de carácter administrativo no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións merecedoras dunha protección especial en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou outro tipo de circunstancias.

Trátase dunha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións públicas, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza. De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, este catálogo foi obxecto xa de diversas revisións.

Coas novas modificacións publicadas hoxe, pasa a incluír nos seus rexistros un total de 188 elementos (150 exemplares e 38 formacións arbóreas) pertencentes a 80 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre