Inicio Galicia O campo de voluntariado ?Lembrando a nosa pegada' procura a preservación do...

O campo de voluntariado ?Lembrando a nosa pegada' procura a preservación do patrimonio na Serra de Outes

0

Mozas e mozos entre os 18 e os 30 anos participan nestas actividades que finalizarán este xoves


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañou esta mañá o grupo de mozas e mozos que participan no campo de voluntariado Lembrando a nosa pegada na Serra de Outes. Alí destacou o importante labor de preservación do patrimonio e coidado do entorno que están a realizar neste espazo xeográfico da comarca de Noia.

A directora xeral aproveitou a visita para acompañar ás mozas e mozos no acondicionamento dos gliptógrifos de Carballa da Cova. Trátase dunha das actividades que realizaron durante estes días e ata o xoves xunto coa posta en valor das áreas onde se atopan os petróglifos de Fontemoureira, no Freixo, mediante a sinalización e a limpeza de vexetación. Así mesmo, tamén puideron coñecer as rutas naturais a través das novas tecnoloxías.

A maiores, puideron desfrutar dun amplo programa de actividades de ocio complementarias, que inclúe rutas en kayak, mergullo de superficie, tiro con arco, xeolocalización ou deporte tradicional.

Campaña de veránA Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte á covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

En total, a Campaña de Verán deste ano, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre