Inicio Galicia O Campionato de España de Atletismo en pista cuberta deixa en Ourense...

O Campionato de España de Atletismo en pista cuberta deixa en Ourense mostras dun gran nivel deportivo e organizativo: máis récords, máis audiencias, máis asistentes e maior retorno

0

O conselleiro de Economía e Industria asegura que “desde hoxe comezamos a traballar para poñer a disposición da federación española outro tipo de probas, por que non un campionato europeo”


A pista de atletismo cuberta de Ourense, inaugurada o pasado 18 de decembro de 2017 como unha das mellores de España e a que conta coa tecnoloxía máis moderna, acolleu a fin de semana do 29 de febreiro e o 1 de marzo o LVI Campionato de España Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta, sendo a primeira vez que o evento se celebra en Galicia. En verbas do presidente da Real Federación Española de Atletismo, Raúl Chapado, este vén de ser “o mellor campionato de España indoor da historia” no que destacou “unha sensación de perfección espectacular”. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, acompañaron aos deportistas nestas dúas xornadas do mellor atletismo do país.

A infraestrutura realizada en Ourense pola Xunta de Galicia xa acollera grandes campionatos nacionais como o Sub 20 en 2018 ou o Máster en 2019, cultivando magníficos resultados e tras a celebración do Absoluto como un rotundo éxito en canto a récords de España e marcas persoais dos atletas, espérase que a pista poida acoller campionatos de maior envergadura como un Europeo.

En palabras do conselleiro de Economía e Industria, coa posta en marcha desta pista “buscabamos ter unha referencia para que un campionato destas características sexa un impulso de optimismo para todo o esforzo que están a facer os clubs”. Desde hoxe comezamos a traballar para poñer a disposición da federación española outro tipo de probas, por que non un campionato europeo”.

Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recoñecía que Galicia conta con deportistas campións de Europa polo que “imos tentar organizar un Campionato de Europa poñendo en valor este importante esforzo. Polo que din os atletas é unha pista extraordinaria, desde logo é unha referencia hoxe en España”.Á satisfacción xeneralizada que xerou a pista de Ourense e á celebración do Nacional Absoluto xestionada polo deporte galego, hai que unirlle os bos resultados da delegación galega que pechou o campionato cun total de sete preseas: dous ouros -Jean Marie Okutu en salto de lonxitude e Ana Peleteiro en triplo salto-, tres pratas -Belén Toimil en lanzamento de peso, Saleta Fernández en salto de altura e Adrián Ben en 800 metros lisos- e dous bronces – Solange Pereira en 1.500 metros e Leticia Gil en salto de lonxitude-.

A estes éxitos galegos hai que sumarlle un récord de España batido, un récord sub 23, un récord sub 20, catro récords dos campionatos, once mellores marcas españolas do ano e un aluvión de marcas persoais.

O atletismo galego confirma con este campionato o seu excelente estado de saúde. Galicia é unha comunidade líder no conxunto do Estado sendo a comunidade autónoma con maior número de clubs con actividade (246) e a segunda en canto a número de licenzas (7.702) cun 43,5% de mulleres federadas, o que a converte nunha das federacións cunha das reparticiones de licenzas por sexo máis igualadas.

Espectadores, audiencias e repercusiónEntre outras cifras para ter en conta, na xornada do sábado pola tarde conectaron co Campionato de España a través de Teledeporte un total de 1.260.000 persoas, o que significa un incremento do 16% da audiencia punta con respecto ao Nacional de 2019, conseguindo ademais a canle a súa maior audiencia no mes de febreiro.

A repercusión mediática alcanzou un gran número de plataformas informativas de todo o país con máis de 300 artigos publicados e unhas 35.000 interaccións nas redes sociais da Real Federación Española de Atletismo. As 2.044 butacas das bancadas da pista de Expourense estiveron ocupadas durante todo o Campionato rexistrando os espectadores un total de preto de 10.000 accesos ao recinto durante toda a fin de semana. En total foron vendidas 2.100 entradas e 800 bonos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre