Inicio Galicia O campamento xuvenil ?Zerowaste' promove a educación ambiental entre a xuventude en...

O campamento xuvenil ?Zerowaste' promove a educación ambiental entre a xuventude en Nigrán

0

Mozas e mozos de entre os 14 e os 16 anos participan nas actividades que teñen lugar na residencia de tempo libre de Panxón

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá ao grupo de mozas e mozos que participan no campamento xuvenil Zerowaste que ten lugar na residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán. Alí puxo en valor as actividades que se realizan para promover a educación ambiental entre a xuventude.

Os participantes, de entre 14 e 16 anos, puideron desfrutar ademais da práctica de deportes náuticos e do desenvolvemento de proxectos TICs. Trátase da primeira quenda de actividades deste campamento, que se vén desenvolvendo desde o pasado 6 de agosto e que remata hoxe mesmo.

En total, esta Campaña de Verán, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Este é o primeiro ano no que as residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño acollen campamentos. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Ademais, a Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre