Inicio Galicia O campamento xuvenil ?Saborea a vida do rural' de Vilasantar promove o...

O campamento xuvenil ?Saborea a vida do rural' de Vilasantar promove o contacto coa natureza entre a xuventude

0

Mozas e mozos entre os 9 e os 12 anos participan nestas actividades que se desenvolve na Escola de agricultura ecolóxica do concello coruñés

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o grupo de mozas e mozos que participan no campamento xuvenil Saborea a vida do rural que ten lugar no concello coruñés de Vilasantar e no que se realizan actividades de aventura en contacto coa natureza e de achegamento ao medio rural e ao agro.

Trátase da segunda quenda deste campamento que se desenvolve na Escola de agricultura ecolóxica de Vilasantar. Alí, Cristina Pichel puxo en valor a importancia de que a xuventude manteña o coñecemento sobre o coidado do agro e do entorno rural, unha das múltiples temáticas que conforman a oferta de campamentos de verán da Xunta para este ano.

En total, esta Campaña de Verán, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Ademais, a Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre