Inicio Galicia O campamento xuvenil ?Aventura na granxa' reforza o coñecemento da xestión de...

O campamento xuvenil ?Aventura na granxa' reforza o coñecemento da xestión de residuos entre a mocidade

0

Mozas e mozos de entre os 9 e os 12 anos participan nas actividades de xestión de residuos, elaboración de compostaxe e tarefas de granxa

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe ao grupo de mozas e mozos que participan no campamento xuvenil Aventura na granxa, en Tomiño. Alí destacou a promoción do coñecemento sobre a xestión de residuos que se realiza nas súas distintas actividades.

En concreto, os participantes desta primeira quenda, de entre 9 e 12 anos, realizan tarefas de granxa, xestión de residuos xerados, elaboración de distintos tipos de compostaxe e proxectos de reciclaxe. Unha formación que complementan con actividades de ocio como tiro con arco ou roteiros.

En total, esta Campaña de Verán, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Ademais, a Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre