Inicio Galicia O 'Business2Sea 2018' pecha en Porto coa participación de máis de 150...

O 'Business2Sea 2018' pecha en Porto coa participación de máis de 150 expertos e arredor dun millar de asistentes aos debates sobre os desafíos do mar

0

A directora da Fundación CETMAR, organizadora do congreso xunto a Fórum Océano, avogou na clausura do encontro por reforzar alianzas na economía mariña e seguir sumando esforzos e capacidades entre Galicia e Portugal

O Bussines2Sea concluíu esta tarde en Porto despois de tres días de presentacións e debate sobre os desafíos do mar 2030 coa participación de máis de 150 expertos e a asistencia de arredor dun millar de inscritos aos diferentes talleres, seminarios, conferencias, reunións de proxecto, encontros de negocio e exposicións.

Ademais de participar na organización deste evento internacional no marco dun acordo de colaboración con Fórum Océano, entidade portuguesa responsable desta iniciativa, o Centro Tecnolóxico do Mar estivo presente en moitas das actividades desenvolvidas no Centro de Congresos Alfândega, con preto de 20 intervencións dos seus expertos e presentacións sobre 15 dos proxectos nos que está a participar ou a coordinar a institución galega.

Tamén no día de hoxe, a directora da Fundación CETMAR, Paloma Rueda Crespo, tomou parte nun debate da emisora portuguesa TSF sobre o eixe central do Business2Sea, os desafíos do mar 2030, e acompañou ao director xeral de Políticas do Mar de Portugal, Rubén Eiras, e ao presidente de Fórum Océano, António Nogueira Leite, no acto de clausura deste evento internacional.

Leer más:  Dos empresarios están siendo investigados por el mal estado de las ruedas de un camión de su empresa que circulaba por Vilalba

Na súa intervención durante a clausura, a directora de CETMAR resaltou a importancia da economía do mar e a súa incidencia “na paisaxe industrial, social, cultural e ambiental” tanto de Galicia como de Portugal. Avogou porque esa importancia estratéxica “sexa mellor recoñecida e comprendida por todos os estamentos da sociedade” e, para afrontar ese reto, apostou por “poñer máis énfase no concepto de cultura oceánica”.

Paloma Rueda Crespo destacou tamén a capacidade da investigación mariña galega e lusa e a súa proxección internacional e recordou que centros e universidades de Galicia e Portugal veñen colaborando con éxito en proxectos conxuntos, como moitos dos presentados no Business2Sea por CETMAR ou polos seus socios.

Ademais, a directora do Centro Tecnolóxico do Mar insistiu na necesidade de “seguir considerando o mar desde unha perspectiva integrada e integradora” e apostou por afondar na cooperación entre Portugal e España “reforzando alianzas na economía mariña e sumando capacidades, investimentos e esforzos”.

Desde o mércores e ata hoxe, o Business2Sea congregou no Centro de Congresos da Alfândega de Porto a arredor dun millar de persoas de organizacións, sectores profesionais, centros de investigación ou institucións académicas vinculados ao mundo do mar.

Leer más:  Detenido en Vigo un septuagenario por una presunta agresión sexual a su pareja

- Te recomendamos -