Inicio Galicia O Banco de España volve situar a Galicia como a 3ª comunidade...

O Banco de España volve situar a Galicia como a 3ª comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España

0

A ratio de débeda/PIB de Galicia sitúase no 18,1%, seis puntos por debaixo da media autonómica (24,1%)


O Banco de España volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira comunidade autónoma de réxime común con menor endebedamento de toda España, tal como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo organismo regulador.

En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia sitúase no 18,1% ao peche do primeiro trimestre do ano. Este indicador é seis puntos inferior á media autonómica (24,1%) e só é superior ao de dous comunidades autónomas de réxime común, Madrid e Canarias.

A ratio de débeda/PIB de Galicia no primeiro trimestre é inferior en dúas décimas ao rexistrado no mesmo período de 2019 (18,3%), e é superior en seis décimas ao rexistrado no cuarto trimestre do ano pasado (17,5%).

Este incremento respecto á ratio de débeda/PIB do cuarto trimestre é consecuencia da subscrición de créditos a curto prazo para axilizar o pagamento aos provedores e aumentar a súa liquidez por mor da covid-19, tal como estableceu o Plan de tesourería impulsado pola Xunta de Galicia. De feito, os datos oficiais do Ministerio de Facenda sitúan a Galicia como a comunidade autónoma con menor período medio de pago ao peche do primeiro trimestre do exercicio, xa que este indicador en Galicia -14,51 días- é o máis baixo de España.

Volume de débedaEn canto á evolución do volume de débeda, os datos do Banco de España indican que a débeda do conxunto das comunidades autónomas aumentou a 297.866 millóns de euros, dos cales o 3,92% -11.687 millóns- se corresponden coa Comunidade Autónoma de Galicia.

Os datos oficiais do Banco de España ratifican tamén que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre