Estes peches realizaranse desde a mañá do luns ata a mediodÃa do venres
O avance nas obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea, fará necesarios cortes de tráfico no tronco e no enlace de Piñor desde o luns ata o venres.
En concreto, cortarase a calzada dereita da autoestrada, en distintos puntos do tramo obxecto das obras, o que será sinalizado coa antelación necesaria. Neste caso, realizarase un desvÃo do tráfico polo carril esquerdo da calzada contraria, entre o luns e o mércores. Os peches de tráfico nos ramais de entrada e saÃda do enlace de Piñor, en sentido Ourense, prolongaranse desde a mañá do luns ata a mediodÃa do venres. Estes cortes son necesarios para avanzar na mellora do firme que está a acometer a Xunta nesta autoestrda, desde o punto quilométricos 56+320 ao 74+200, cun investimento duns 4,8 millóns de euros.
No marco desta intervención, as citadas restricións na circulación son precisas para poder avanzar na extensión da capa de rodadura, que debe realizarse a calzada completa.
Os traballos consisten na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vÃa e nos ramais do enlace de Cea.
Tamén se levarán a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento.
Esta intervención está enmarcada no mantemento das estradas autonómicas de titularidade da Xunta co fin de garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade na comunidade.
A actuación foi autorizada no Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), adscrita á ConsellerÃa de Infraestruturas e Mobilidade.