Inicio Galicia O audiovisual 'Memoria dos peregrinos' amosa a visión máis persoal do Camiño...

O audiovisual 'Memoria dos peregrinos' amosa a visión máis persoal do Camiño grazas ao programa 'O teu Xacobeo' da Xunta

0

A comisaria do Xacobeo 2021 participou na presentación do audiovisual que recolle testemuñas dos camiñantes do século XXI e de expertos sobre o Camiño

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou hoxe en Santiago na presentación de Memoria dos peregrinos, un traballo audiovisual que recompila experiencias persoais de peregrinos do século XXI e voces dalgún dos maiores expertos e estudosos do Camiño de Santiago. Trátase dun proxecto coordinado pola Fundación Jacobea que conta co apoio da Xunta de Galicia a través de O teu Xacobeo, a convocatoria posta en marcha polo Goberno galego co obxectivo de fomentar a participación da sociedade na celebración do vindeiro Ano Santo.

No acto de presentación, celebrado no Museo das Peregrinacións e de Santiago, a comisaria do Xacobeo 2021 estivo acompañada de frei Paco Castro, relixioso franciscano, peregrino e un dos expertos que forman parte do audiovisual, e Rosa Vázquez, xerente da Fundación Jacobea, organismo responsable de coordinar o traballo.

O obxectivo do documento é recoller unha visión máis humana e próxima do itinerario xacobeo que sirva de testemuña sobre a actual revitalización do Camiño de Santiago. Neste marco, a longo dunha hora de duración, ademais de relatar as inquedanzas e vivencias de peregrinos anónimos, o audiovisual conta coa colaboración de boa parte dos responsables do actual auxe, moitos deles xornalistas, escritores e membros de asociacións dedicadas ao Camiño tanto de Galicia como de fóra da comunidade.

Concretamente, o audiovisual conta, entre outros, coa colaboración do presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, Paolo Caucci, ou da profesora de American Piligrims, Maryjane Dunn. Tamén participan o xornalista e escritor Antón Pombo ou o investigador José Antonio de la Riera.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre