Inicio Galicia O audiovisual galego presentouse en 10 festivais internacionais de prestixio co apoio...

O audiovisual galego presentouse en 10 festivais internacionais de prestixio co apoio da Xunta

0

A Agadic publica hoxe no seu web a segunda e última quenda de adxudicacións das axudas específicas para a difusión do noso cinema en certames celebrados fóra de Galicia, das que resultaron adxudicatarias 11 empresas

Un total de 11 produtoras galegas resultaron adxudicatarias este ano das subvencións da Xunta á promoción e difusión do noso cinema en festivais de prestixio celebrados fóra da Comunidade. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo xestiona estas axudas, mediante as que contribúe con 30.000 euros a diferentes accións promocionais desenvolvidas por estas empresas con motivo da selección dos seus filmes nos máis recoñecidos certames do circuíto internacional.

A Agadic publica hoxe no seu web a segunda e última adxudicación ao abeiro desta convocatoria, unha das seis que conforman en 2018 o seu programa de subvencións ao audiovisual galego, dotado con 4,13 millóns de euros: produción e coprodución audiovisual, promoción do talento, desenvolvemento de proxectos, organización de festivais, desenvolvemento e produción de proxectos de cara ao Xacobeo 2021 e a devandita de promoción en mostras internacionais.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia crece 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

A través destas últimas axudas, a Xunta contribuíu a lles dar maior visibilidade a 14 producións e coproducións galegas ao seu paso por unha decena de certames de primeira liña: Berlinale (Alemaña), Zinebi de Bilbao, BAFICI Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (Arxentina), Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand (Francia), Locarno Festival (Suíza), Festival de Málaga Cine en Español, International Film Festival Rotterdam (Holanda), Festival Internacional de Cine de San Sebastián, Festival de Cine Europeo de Sevilla e Sundance Film Festival (Estados Unidos).

Apoio a debuts con percorrido internacionalEn concreto, a Agadic colaborou con Frida Films nas acción de difusión de Trote, primeira longa de Xacio Baño, a propósito da súa estrea internacional na mostra suíza de Locarno e da súa presentación en San Sebastián, onde esta mesma compañía estreou a coprodución vasco-galega Gallo.

Na listaxe de títulos apoiados este ano figuran outros dous filmes que supoñen o debut na longametraxe das súas directoras: Trinta lumes, de Diana Toucedo, seleccionada na sección Panorama de Berlín, e A estación violenta, de Anxos Fazáns con produción de Matriuska, que se exhibiu no BAFICI. Ata Bos Aires desprazouse tamén parte do equipo de Sad Hill Unearthead, o documental de Roberto Oliveira sobre o cemiterio construído en Burgos para a secuencia final de O bo, o feo e o malo. Santos #Work in Progress é igualmente a ópera prima de Antón Corbal, quen viaxou a Rotterdam con este traballo arredor do regreso do director Oliver Laxe á aldea abandonada dos seus avós nos Ancares. No festival holandés presentáronse, así mesmo, a curta de Carla Andrade El paisaje está vacío y el vacío es paisaje e a produción de Zeitun Films La estrella errante, de Alberto Gracia, que tamén contou con apoio para o seu paso polo Festival de Cine Europeo de Sevilla.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

CurtametraxesEntre as curtametraxes promocionadas atópanse, ademais, Matria, pola que Álvaro Gago obtivo o premio á mellor curta na pasada edición do festival de Sundance. Esta fita foi seleccionada, ademais, polo de Clermont-Ferrand, onde tamén se puido ver Tsweesh, de Feyrouz Serhal, producida por Zeitun.

A listaxe complétase con dous traballos producidos por Gonzalo E. Veloso e proxectados no Zinebi de Bilbao (Amor siempre, de Maiden Fernández Iriarte) e en Sevilla (Reunión, de Ilan Serruya) e mais coas presentacións en Málaga do documental Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro, e do filme de animación Memorias de un hombre en pijama, coproducido por Ladybug Filmes.

Estas once produtoras recibiron diferentes contías destinadas, entre outros gastos, a campañas de publicidade da participación nas devanditas mostras internacionais, elaboración e transporte do material de promoción específico, contratación de empresas de relacións públicas ou axentes de prensa para o evento, desprazamento e estadía no festival dun máximo de cinco persoas do equipo, e tiraxe e/ou subtitulado das copias.

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

- Te recomendamos -