Inicio Galicia O asfaltado das rúas Ramón Baltar e Benéfica de Conxo farán necesaria...

O asfaltado das rúas Ramón Baltar e Benéfica de Conxo farán necesaria a regulación do tráfico nesta zona de Santiago entre esta tarde e o venres

0

Hoxe comezan os traballos nas proximidades do centro de saúde na rúa Ramón Baltar e mañá iniciaranse na rúa Benéfica, desde a rúa Torrente ata a nova glorieta de Televés

As obras de asfaltado nas rúas Ramón Baltar e Benéfica de Conxo farán necesaria a regulación do tráfico nesta zona de Santiago a partir deste tarde e ata o vindeiro venres.

Estes traballos, que forman parte das obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Portugués á entrada á cidade, comezarán hoxe a executarse na curva próxima á entrada ao centro de saúde na rúa Ramón Baltar.

Para realizar as tarefas de pavimentado da vía e evitar a afección ao fluxo de vehículos en horario matutino, programouse esta intervención en horario de tarde. Ademais, para minimizar no posible a súa incidencia no tráfico, a circulación será alternativa polo carril libre.

En paralelo, desde mañá, mércores, e ata o vindeiro venres, día 20, acometeranse as obras de asfaltado na rúa Benéfica de Conxo, desde a rúa Torrente ata a nova glorieta de Televés. Estes traballos executaranse facilitando o tráfico alternativo por un carril regulado con semáforos ou sinalistas..

Tamén, para avanzar na preparación da superficie para a extensión do asfaltado, faise necesario restrinxir o aparcamento neste tramo da rúa Benéfica de Conxo, en horario de 8:30h a 18:00h durante esta semana.

A Xunta segue progresando nas obras de mellora e integración paisaxística da chegada a Compostela do Camiño Portugués, no barrio de Conxo, grazas a un investimento autonómico de 2,7 millóns de euros.

Entre as actuacións destacadas sitúase a reforma da praza fronte ao mosteiro de Santa María, como zona emblemática de acollida e desfrute de peregrinos e veciños, que permitirá crear unha pequena Praza do Obradoiro. Este espazo estenderase ata o centro social, a escola infantil e o centro de saúde, e manterá o cruceiro no seu lugar actual.

A Xunta segue avanzando, cada vez a un ritmo máis intenso, na integración paisaxística dos Camiños á súa entrada en Santiago, con 10 millóns de euros de investimento autonómico, para preparar Compostela para o Xacobeo 2021 e para facer cidade, pensando nos veciños.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre