Inicio Galicia O Arquivo de Galicia celebra o seu décimo aniversario coa exposición ?Memoria...

O Arquivo de Galicia celebra o seu décimo aniversario coa exposición ?Memoria dunha década'

0

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe esta mostra que fai un percorrido polo traballo desta entidade desde a súa creación

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe na Cidade da Cultura Memoria dunha década, a mostra impulsada pola Xunta no marco do décimo aniversario do Arquivo de Galicia. Trátase dunha exposición que fai un percorrido polo traballo desta entidade desde a súa creación, no ano 2010, e que se pode contemplar ata o vindeiro 16 de outubro no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Durante o súa visita, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade puxo en valor os dez anos de vida desta entidade “ao servizo da xestión documental e arquivística da Xunta de Galicia”. “Este arquivo foi concibido como cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia e naceu coa condición de arquivo intermedio e histórico dos diferentes órganos do Goberno galego”, explicou o secretario xeral de Cultura. Neste sentido, tal e como precisou Anxo M. Lorenzo, a actividade do Arquivo foi evoluíndo ata converterse na referencia da actividade arquivística galega.

Memoria dunha década está configurada en torno a 10 paneis que amosan algúns dos aspectos máis importantes da institución co obxectivo de visibilizar o seu papel e dar a coñecer o traballo que vén desenvolvendo dende a súa creación. Ademais, tamén amosan pezas dos fondos documentais custodiados no Arquivo de Galicia e agrupados por ámbitos temáticos. Concretamente, cinco dos paneis recollen mostras de fondos públicos e os outros cinco, documentos de fondos privados.

Os materiais expostos supoñen unha pequena mostra extraída das 182.839 unidades de instalación (caixas) que conforman os algo máis de 21 quilómetros de documentos do Arquivo. En total amósanse máis de 90 documentos, que dan conta dos diferentes fondos, tanto públicos (da Administración autonómica), como privados (procedentes de persoas e familias, fundacións, empresas…) que conforman o patrimonio documental custodiado polo Arquivo de Galicia.

Comezos do Goberno autonómicoA primeira das vitrinas afonda nos comezos do Goberno autonómico, xa que o Arquivo de Galicia custodia os documentos que testemuñan a actividade da Xunta de Galicia a partir desta nova configuración territorial, no ano 1978, así como algúns outros que foron transferidos no momento do traspaso das competencias como precedentes das accións do Estado.

O desenvolvemento territorial e económico centran o segundo e terceiro panel, mentres que a asistencia sanitaria e o patrimonio cultural son os principais eixos na cuarta e quinta vitrina. Os arquivos de persoas e familias, contrapunto dos arquivos públicos na construción da memoria social centran o seguinte panel.

O resto da mostra complétase con un percorrido polos liñaxes e antecedentes familiares, pola evolución dos modos de comunicación, pola actividade de comerciantes e banqueiro e, por último, polas institucións de carácter privado que funcionan como impulsoras de coñecemento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre