Inicio Galicia O 73% dos empresarios turísticos galegos prevé que os seus resultados empresariais...

O 73% dos empresarios turísticos galegos prevé que os seus resultados empresariais melloren esta Semana Santa

0

Son máis optimistas que a media española e estiman que aumentarán vendas e beneficios con respecto a 2018, segundo a última enquisa de Exceltur

O último informe de Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, que representa a relevantes empresas do sector turístico español, indica que o 72,6% dos empresarios turísticos galegos prevé que esta Semana Santa sexa mellor que a de 2018 en canto aos seus resultados empresariais.

As previsións de melloría son xeneralizadas en practicamente toda España aínda que as expectativas do sector galego superan á media española, que se sitúa nun 70,5%, segundo o estudo de Exceltur.

Para obter estas conclusións, os empresarios aluden, entre outros motivos, á tardía celebración da Semana Santa -a finais de abril este ano-, á positiva evolución das reservas e ao dinamismo esperado en relación á demanda nacional que, segundo as estimacións do sector, poderá traer tamén un crecemento do emprego durante estas datas.

Quinta mellor ComunidadeO informe tamén analiza as perspectivas do sector para esta primavera, onde Galicia é un dos destinos mellor posicionados no conxunto de España. Máis do 85% dos empresarios galegos prevé que aumentarán ou manterán os seus resultados neste segundo trimestre do ano. Estas cifras sitúan a Galicia como a mellor Comunidade da España Verde –a marca que aglutina as rexións do norte peninsular– en canto ás perspectivas para os vindeiros meses.

De xeito global para toda España, Galicia sitúase como a quinta Comunidade con mellores expectativas no segundo trimestre do ano, por detrás de Castela a Mancha, Castela e León, Estremadura e Cataluña. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre