Inicio Galicia O 54% do total de intervencións cirúrxicas realizadas polo Sergas no primeiro...

O 54% do total de intervencións cirúrxicas realizadas polo Sergas no primeiro semestre foron ambulatorias

0

Os hospitais do Servizo Galego de Saúde realizaron 112.319 intervencións, case 2.000 máis que no mesmo período do ano anterior


O Servizo Galego de Saúde realizou neste primeiro semestre de 2019 un total de 112.319 intervencións cirúrxicas en quirófanos ou en salas especiais. O 54% desas intervencións foron ambulatorias polo que non precisaron estancia hospitalaria do paciente, isto é, realizáronse 60.287 operacións ambulatorias e 52.032 con ingreso. A actividade ambulatoria considérase unha práctica beneficiosa para o paciente ademais de que, complementariamente, conleva unha mellor utilización dos recursos, aumentando os indicadores de resolución. Ademais, do total de intervencións, 95.468 foron programadas e 16.851 urxentes.

En total realizáronse 1.945 intervencións máis que nos primeiros seis meses do ano 2018, cando se realizaron 110.374 intervencións.

Con respecto do número de consultas nos hospitais, entre xaneiro e xuño de 2019 realizáronse 2.859.858, fronte ao 2.799.268 de consultas realizadas no ano anterior no mesmo período. Do 2,8 millóns de consultas, máis de 2,4 millóns foron consultas médicas e 437.122 foron atendidas por outros profesionais.

Cómpre destacar que durante este semestre, do total de consultas, 81.274 foron non presenciais, cun incremento do 25% con respecto das consultas non presenciais no mesmo semestre do pasado ano. Este tipo de consultas permiten que o paciente reciba a atención con todas as garantías e calidade sen ter que desprazarse ao hospital e incrementan a capacidade de resolución da Atención Primaria.

No que atinxe ás probas diagnósticas, os hospitais do Servizo Galego de Saúde realizaron un total de 1.841.119 probas diagnósticas, 190.984 probas máis que as realizadas no mesmo período do ano anterior. Isto supón 1.500 probas diarias máis que o ano pasado.

A meirande parte da actividade de probas diagnósticas realizadas en 2019 foron probas radiolóxicas, que presentan o 67,8% do total de probas realizadas polo Sergas. Entre as probas diagnósticas, as máis realizadas son radioloxías convencionais, ecografías e TAC. Estes tres tipos de probas supoñen o 63,5% do total.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre