Inicio Galicia O 061-Galicia asistiu a 86 persoas por 64 accidentes de circulación durante...

O 061-Galicia asistiu a 86 persoas por 64 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 3 de agosto ata as 23:59 horas do domingo 5 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 86 persoas debido a 72 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 3 de agosto ata as 23:59 horas do domingo, 5 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 31 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 64 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 86 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63 % e do 37 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 36 % dos atendidos tiña entre os 40 e os 54 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que rexistraron máis accidentes con 21 sinistros de tráfico ambas as dúas durante os desprazamentos destas datas.

Normal

0

21

false

false

false

Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre