Inicio Galicia O 061-Galicia asistiu a 83 persoas por 62 accidentes de circulación durante...

O 061-Galicia asistiu a 83 persoas por 62 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 10 de agosto ata as 23:59 horas do domingo 12 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 69 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 83 persoas debido a 62 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 10 de agosto ata as 23:59 horas do domingo, 12 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 30 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 62 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 83 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54 % e do 46 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31 % dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Leer más:  La Xunta abre a participación pública o plan de conservación do espazo natural da Torre de Hércules

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 35 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Normal

0

21

false

false

false

Provincia


- Te recomendamos -