Inicio Galicia O 061-Galicia asistiu a 73 persoas por 59 accidentes de circulación durante...

O 061-Galicia asistiu a 73 persoas por 59 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 27 de abril ata as 23:59 horas do domingo 29 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 73 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 27 de abril ata as 23:59 horas do domingo, 29 de abril. Os días que rexistraron máis incidentes foron o sábado e o domingo con 24 accidentes ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 73 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67 % e do 33 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 43 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 29 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Normal

0

21

false

false

false

Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre